DOBRE RACIÓN DE “NOITES MOUCHAS” ESTA FIN DE SEMANA

DOBRE RACIÓN DE “NOITES MOUCHAS” ESTA FIN DE SEMANA

Esta fin de semana, o salón Peña acolle unha dobre xornada de Noites Mouchas. Neste caso, as actividades a desenvolver serán “o que necesitas é amor”, o venres ás 22:30, unha alternativa diferente e divertida para os mozos e mozas sen parella, aínda que os que a teñen tamén poderán acudir.

E o sábado, tamén ás 22:30, será o momento de “Noite on Rol”, onde cada participante terá unha ficha de personaxe na cal figura a información básica deste, ademáis dunha lista de atributos e habilidades cunha puntuación numérica. O mestre de rol proporá situacións e os xogadores terán que resolvelas.

Se aínda non estás inscrito, lembra que podes cubrir a túa folla de inscripción na OMIX, no Concello ou a través do email noitesmouchas@gmail.com


Descargar: Folla inscrición noites mouchas.docx

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.