DÍA DO LIBRO NA BIBLIOTECA MUNICIPAL LUÍS REI

DÍA DO LIBRO NA BIBLIOTECA MUNICIPAL LUÍS REI

A Biblioteca Municipal Luís Rei celebrará o vindeiro luns 24 de abril o Día do Libro. Este ano contará, grazas ao programa da Xunta Ler Conta Moito, coa compañía Trinke Trinke que virán co espectáculo “Paxariños”. Con esta actividade preténdese promover a lectura entre os máis pequenos, espertar o seu gusto pola literatura, estimular a sensibilidade, a imaxinación, a creatividade e o espírito crítico a través da narración dos contos e, singularmente, dos distintos xeitos de contalos.

A actividade é de balde ata completar aforamento e dará comezo ás 17.30 horas. O público obxectivo é público familiar con nenos e nenas de 3 a 8 anos preferentemente.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.