O Concello de Cambados invitou a cidadanía a participar na campaña ” Separar con Xeito” promovida por Ecoembes e a Concellería de Medio Ambiente mediante a colocación dunha carpa no mercado.
A Concellería de Medioambiente quere promover esta iniciativa para mobilizar, concienciar e informar á cidadanía na importancia da separación selectiva dos residuos que se depositan nos contenedores azuis e amarelos.