Esta aberto o prazo de inscrición par o curso de “Aplicación de técnicas de seguridade e primeiros auxilios” do programa ACTIVATE 2015 da Deputación de Pontevedra, que se vai celebrar no centro “la Merced” no mes de outubro.
HORARIO DE 9:30 A 13:30 H, DE MARTES A VENRES
DURACIÓN: 40 h
PARTICIPANTES: MÍNIMO DE 15 E MÁXIMO DE 25 .
Está dirixido prioritariamente a moz@s entre 16 a 35 anos de idade, empadroados no
concello solicitante, desempregados ou non.
- No caso de exceder as 25 solicitudes, aplicaranse os criterios recollidos na Base Sétima “Procedemento de Concesión”, establecendo a orde de preferencia á hora de chamar ós/ás participantes; os criterios serán os seguintes (sempre mantendo a orde de presentación de solicitudes dentro de cada un dos criterios):
· Persoas desempregadas do concello
· Persoas en activo do concello
· Persoas desempregadas doutros concellos
· Persoas en activo doutros concellos
· Persoas que non cumpran o requisito de idade (establecendo a mesma orde de preferencia que as anteriores)
O prazo de inscrición remata o día 18 de setembro ( inclusive)