Pola presente convócase a Vde. á sesión ordinaria que celebrará o PLENO DA CORPORACIÓN, na Casa Consistorial, ás 21’00h., do día 27 de agosto de 2.015 (xoves).
Ó mesmo tempo que lle lembro o deber da súa asistencia, comunícolle que se atopan nas Oficinas Municipais os antecedentes e expedientes relacionados cos asuntos que figuran na seguinte:
ORDE DO DIA
1º.- LECTURA E APROBACIÓN DA ACTA CORRESPONDENTE Á SESIÓN CELEBRADA O DÍA 28.07.2015.-
2º.- APROBACIÓN, SE PROCEDE, DA ORDENANZA FISCAL REGULADORA DA TAXA POR APROVEITAMENTOS ESPECIAIS DA VÍA PÚBLICA CON CAIXEIROS AUTOMÁTICOS E OUTROS ELEMENTOS ANÁLOGOS ADOSADOS ÓS EDIFICIOS E CON ACCESO DIRECTO DENDE A VÍA PÚBLICA.-
3º.- ADOPCIÓN, SE PROCEDE, DE ACORDO POR PARTE DO GOBERNO MUNICIPAL DO CONCELLO DE CAMBADOS A FAVOR DOS USUARIOS DO CENTRO OCUPACIONAL DE SAIAR.-
4º.- ADOPCIÓN, SE PROCEDE, DE ACORDO POR PARTE DO GOBERNO MUNICIPAL DO CONCELLO DE CAMBADOS PARA QUE A BIBLIOTECA MUNICIPAL PASE A CHAMARSE “LUÍS REI”.-
5º.- DAR CONTA DAS RESOLUCIÓNS DICTADAS POLA ALCALDÍA.-
6º.- CONTESTACIÓN A PREGUNTAS FORMULADAS.-
7º.- ROGOS E PREGUNTAS.-
Cambados, a 21 de agosto de 2.015
A Alcaldesa