Comunicado do Concello de Camponaraya en relación coa polémica suscitada pola excursión ás Rías Baixas

Comunicado do Concello de Camponaraya en relación coa polémica suscitada pola excursión ás Rías Baixas

Estimada Alcaldesa:

En relación coa polémica suscitada pola excursión organizada por este Concello ás Rías Baixas, os vindeiros días 7 e 8 de xullo, a cal se publicitou institucionalmente por medio de cartelería e redes sociais como “Excursión Rías Baixas”, por medio da presente quero manifestarlle as miñas máis sinceras desculpas por utilizar pola empresa contratada para realizar a viaxe, Autos J. González de Ponferrada (León), un cartel da propia empresa no que aparece o texto “Excursión Rías Baixas – Costa da Fariña”.

Na tarde de onte, tiven coñecemento desta desagradable incidencia a través de Presidencia da Excma. Deputación de Pontevedra e a miña primeira reacción foi retirar e destruír os 10 carteis que a empresa tiña colocado só na localidade.

No día de hoxe, púxenme en contacto con Presidencia da Excma. Deputación de Pontevedra e coa Alcaldesa de Cambados para explicarlles o ocorrido.

Sen eximir a miña responsabilidade, quero manifestar que o erro non foi institucional, senon dunha empresa privada, que seguro que sen ánimo de ofender, provocou este lamentable incidente.

Tiven a oportunidade de poder pedir desculpas á cidadanía da Comarca a través dos medios de comunicación, pero rógolle que tamén o faga chegar á corporación que preside.

Nunca cometeríamos ese erro nin persoalmente, nin institucionalmente, sobre todo polo respeto á Comarca, a Galicia e á súa xente, á que nos sentimos unidos históricamente. O noso municipio é tradicionalmente vinícola e Cambados e a sua Comarca sempre foron un referente para nós.

Manifestarlle, novamente, as miñas desculpas quedando á súa disposición para calquera asunto relacionado con este tema ou calquera outro.

En Camponaraya, a 27 de xuño de 2018.

Fdo. O Alcalde, Eduardo Morán Palacios.

Adxuntos