Evento: Escola de Vela Tradicional Cambados 2018
Edición: 3ª edición
Organiza: Concello de Cambados e Asociación Vela Tradicional Cambados
Descrición:
Por terceiro ano consecutivo, o concello de Cambados e a Asociación VTC van poñer en marcha unha nova edición da Escola de vela Tradicional.
Novo formato: para a presente edición, a Escola estará aberta durante un mes enteiro do 16 de xullo ao 11 de agosto e ofrecerá dous cursos de 2 semanas de duración cada un.
Requisitos: Os cursos están abertos ao publico en xeral a partir dos 14 anos (ou ben cumprilos no presente ano) e saber nadar.
Datos:
- Nº DE CURSOS: 2
- LUGAR: Mariña Tradicional Porto de Cambados
- Nº ALUMN@S POR CURSO: 20 PRAZAS
- DURACIÓN CURSO: 2 SEMANAS cada curso.
- DIAS DE CURSO: martes, mércores, venres e sábado.
- HORARIO: DE 16:00H a 20:00H
- CALENDARIO:
16 de xullo: Apertura e presentación oficial Escola 2018
CURSO 1
Curso 1: do 17 ao 28 de xullo | |||
Martes 17 | Mércores 18 | Venres 20 | Sábado 21 |
Martes 24 | Mércores 25 | Venres 27 | Sábado 28 |
CURSO 2
Curso 2: do 31 de xullo ao 18 de agosto | |||
Martes 31 | Mércores 01 | Venres 03 | Sábado 04 |
Martes 07 | Mércores 08 | Venres 10 | Sábado 11 |
Inscrición: nas oficinas do Concello (1º andar) de Cambados do 02 ao 15 de xullo.
PREZO: 60€ + 10€ de seguro. Desconto do 10% para os socios/as da Asociación Vela Tradicional Cambados
Embarcacións da escola:
tipoloxía | barco | Nº |
DORNAS polbeiras: | Treixadura,Toxiña, Selosa, Julicheira e Sicamontes | 5 |
DORNAS de tope: | Airexa e Muller de Balboas | 2 |
Bote Ribadeo: | Unicornio | 1 |
Loros/gamelas: | Espadeiro, Caíño, Jipi | 3 |
Outros: | ||
Nordic Folkboat | Rana | 1 |
TOTAL | 12 |
Equipo Humano: o equipo de patróns/monitores e axudantes os aportan as asociacións: Clube Mariño Salnés, A Torre e As Joritas.
Obxectivos:
- Ampliar a oferta cultural e deportiva de Cambados
- Consolidar a navegación tradicional en Cambados
- Contribuír a acadar a MARIÑA TRADICIONAL PORTO DE CAMBADOS
- Socializar o patrimonio marítimo das asociación de cultura marítima de Cambados