Este xoves deu comezo na OMIX de Cambados a segunda edición do programa “Deseñando o teu Futuro”. Unha quincena de xóvenes que participan neste programa tiveron un primeiro encontro no centro sociocultural “A Merced”.
“Deseñando o teu Futuro” é un programa promovido pola Consellería de Política Social da Xunta de Galicia a través dos concellos, e está destinado a mozos e mozas de entre 14 e 18 anos que desexen coñecer a realidade do mundo laboral antes de tomar unha decisión sobre o itinerario formativo a seguir.
Durante as vindeiras semanas, os inscritos percorrerán varias empresas da localidade, nas cales coñecerán de primeira man o desenvolvemento de diversos oficios, coa finalidade de que teñan o seu primeiro contacto coa realidade do mundo laboral e lles sirva de axuda á hora de decidir o seu camiño cunha visión máis realista.