CINEMA E MULLER: PROXECCIÓN DA PELÍCULA VISIÓNS

CINEMA E MULLER: PROXECCIÓN DA PELÍCULA VISIÓNS

Este xoves, 9 de marzo ás 18:00h no Auditorio da Xuventude proxéctase a película “Visións”, dentro do ciclo Cinema e Muller que organiza a Deputación de Pontevedra.

Visións é unha obra colaborativa feita por mulleres, un filme íntimo e poliédrico onde cinema e arte se funden ofrecendo dez olladas poéticas e xenuinas.

Participaron no proxecto Carla Andrade, Bego Santiago, Carme Nogueira, Eva Calvar, Sonia Méndez, Andrea Zapata-Girau, Lara Bacelo, Olaia Sendón, Diana Toucedo e Claudia Brenlla.

As creadoras recibiron a proposta de dirixir unha peza nun prazo de dous meses. Tras reunirse, coñecer os seus respectivos traballos, intercambiar ideas e compartir, grazas á inmediatez das redes sociais, o seu proceso creativo, sacaron á luz unha “película de curtametraxes” tecida coa inevitable influencia de todas elas. Ademais de directoras fixeron de cámaras e de montadoras. É precisamente a súa capacidade para realizaren unha película de principio a fin, coas súas propias mans e cun axustado orzamento, un dos aspectos que define o cinema que practican.

A entrada é libre ata completar aforo.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.