CAMPAÑA VACACIÓNS EN PAZ

CAMPAÑA VACACIÓNS EN PAZ

Vacacións en paz é un programa de acollida de nenos e nenas procedentes dos campamentos de refuxiados saharauis por familias solidarias galegas. En Galicia, a petición expresa das autoridades do goberno da República Árabe Saharaui Democrática, este programa lévase a cabo pola ONG “Solidariedade Galega co Pobo Saharaui” (SOGAPS)

Galicia ven participando nesta iniciativa solidaria dende o ano 1991 ofrecendo ás familias saharauis a posibilidade de que as súas fillas e fillos, nos meses de xullo e agosto cando as temperaturas no deserto alcanzan ata os 50º, gocen dunha estancia agradable, humana e culturalmente rica, baixo a supervisión e os coidados das familias galegas acolledoras. Ademáis, aproveitando as vacacións, os nenos son sometidos a recoñecemento médico e, de ser o caso, ao tratamento que corresponda.

Pero traer aos nenos do deserto non é tarefa doada. A ONG debe facer un esforzo moi custoso. Por iso Vacacións en Paz está aberto a todas as persoas que solidariamente desexen contribuír e axudar para procurar traer o máximo de cativos. Por eso SOGAPS solicita ás familias dos escolares galegos una pequena achega económica ao programa de acollida. Se cada escolar galego achega tan só un euro é posible que moitos nenos saharauis pasen un verán feliz en Galicia.