A Federación Española de Municipios e Provincias, co fin de contribuír a articular a resposta coordinada das Entidades Locais á crise humanitaria que están sufrindo os refuxiados, ven de crear a Oficina de Coordinación Municipal de Axuda ao Refuxiado, que nace con vocación de resultar útil ás entidades locais na súa resposta solidaria a quenes a están padecendo.
Para colaborar con esta oficina, o Concello de Cambados pídelle a aquelas persoas que estean dispostas a colaborar que se poñan en contacto con nós a través do email alcaldia@cambados.es para así coñecer os recursos, tanto humanos como materias dos que podemos dispoñer, e actuar da forma máis coordinada posible entre as distintas administracións.
O ofrecemento pode incluír todo aquelo que os voluntarios consideren oportuno, tanto para a fase de acollida como para a de apoio á integración, e, entre outros:
- Aloxamento
- Manutención
- Asistencia xurídica
- Asistencia psicolóxica
- Atención social e asesoramento
- Acompañamento a centros escolares, sanitarios e sociais públicos
- Aprendizaxe do idioma e habilidades sociais básicas
- Asistencia en trámites administrativos
- Orientación e intermediación para a formación profesional e a inserción laboral
- Axudas económicas directas para axudarlles a afrontar os seus gastos de primeira necesidade
A información facilitada ao Concello será só coñecida polos servizos da FEMP que a recabarán para elaborar un inventario de tódolos recursos municipais dispoñibles para facerllos chegar ao Ministerio.