APERTURA DE INSCRICIÓNS PARA O CURSO DE MONITOR DE TEMPO LIBRE E CLAUSURA DOS CAMPAMENTOS “A PASTORA”

APERTURA DE INSCRICIÓNS PARA O CURSO DE MONITOR DE TEMPO LIBRE E CLAUSURA DOS CAMPAMENTOS “A PASTORA”

A Concellaría de Xuventude do Concello de Cambados informa da apertura do prazo de inscripción para o curso de monitor de tempo libre, que se desenvolverá no centro sociocultural “A Merced” entre o 17 de xullo e o 2 de setembro, en horario de mañá, de 8:30 a 14:30 horas.

Trátase dun curso oficial, homologado pola Xunta de Galicia, que terá un prezo de 185€ por participante, contando cun pequeno desconto para as persoas posuidoras do carné xove.

Para máis información e inscripcións, poden acudir á OMIX (centro sociocultural “A Merced”, 1ª planta (av. da Coruña s/n)) ou chamar aos teléfonos 986542663/673533331 de luns a venres entre as 10 e as 14 horas.

Ademáis, dende o Concello de Cambados facemos unha valoración moi positiva dos campamentos realizados na Pastora durante toda esta semana, na que foron impartidos os cursos “Xogamos a contar contos…” e “Educamos en galego: xogos tradicionais e deporte adaptado”. En ámbolos dous cursos, traballaronse a igualdade e a inclusión e realizaronse xornadas prácticas cos nenos e nenas participantes.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.