A OFICINA DE TURISMO DE CAMBADOS ATENDEU A MÁIS DE 48.500 PERSOAS DURANTE O ANO 2015

A OFICINA DE TURISMO DE CAMBADOS ATENDEU A MÁIS DE 48.500 PERSOAS DURANTE O ANO 2015

Os Servizos Turísticos do Concello de Cambados dan a coñecer o balance de turistas e excursionistas que, durante o pasado 2015, acercáronse ata a Oficina de Turismo deste municipio para solicitar información, sendo o número total de 48.576 persoas.

O ano 2015 aportou datos moi positivos cun 44% de foráneos máis que ano anterior, no que predominou o turismo de procedencia nacional. O turismo particular (en parella, en familia ou grupo de amigos) supuxo o groso de visitantes que acudiron a vila do albariño, que significou un total de 31.936 persoas fronte as 16.640 persoas restantes, que o fixeron en grupos organizados.

Os meses de maior afluencia foron, como é habitual, os pertencentes a tempada alta, na época estival. Agosto, rexistrou un total de 14.713 visitantes, o que supuxo un incremento do 56,5% ca no mesmo período do ano anterior, coincidindo coa festa máis importante da vila cambadesa, a Festa do Viño Albariño, declarada de Interese Turístico Nacional, que é un dos principais atractivos na tempada de verán.

Madrid cun 21% segue a ser a Comunidade Autónoma que máis visitou a vila, seguido de Castela León (13%), Andalucía (9%), Cataluña e Pais Vasco cun (8%) , e Comunidade Valenciana e Asturias (6%).Dentro da Comunidade Autónoma de Galicia ( 7% do total do turismo nacional.

No que se refire ao turismo estranxeiro incrementouse nun 12,14% con respecto ao ano anterior. En canto a procedencia, un ano máis, foron os nosos veciños os franceses e portugueses os que máis visitaron o municipio, tras eles os países con rexistros máis representativos foron os procedentes de Alemaña, Inglaterra, Arxentina, Bélxica e EEUU.

O aloxamento por excelencia foi o hotel, e o medio de transporte máis empregado o coche propio.

A maioría dos visitantes que se achegaron ao municipio elixiron o hotel para aloxarse, seguido dos apartamentos turísticos e as casas de turismo rural.

O medio de transporte máis utilizado foi o coche propio( 55,28%) e o autobús, debido a gran cantidade de excursións en grupos organizados (35,94%) e en menor medida o avión (7,36%) que os visitantes logo soen combinar co uso de coche alugado.

Segundo as enquisas realizadas ao longo de todo o ano na oficina de turismo, un 32,88% dos turistas entrevistados xa coñecían Cambados. Cómpre salientar a labor dos informadores turísticos, dado que foron moitas as persoas que coñecendo doutras ocasións Cambados, non pasaran da tan nomeada Praza de Fefiñáns, un dos monumentos máis destacados do Conxunto Histórico cambadés, e quedaban gratamente sorprendidos ao comprobar a ampla variedade monumental e cultural, ademais de solicitar información sobre a gastronomía e produtos típicos da vila, as rutas polas distintas bodegas, o turismo mariñeiro e rutas de sendeirismo foron as cuestións máis demandadas. O máis valorado polos visitantes foi a gran hospitalidade e o trato dos galegos, algo que é moi importante a hora da fidelización nun destino.

A oficina de turismo seguirá aberta todo ano, como ben sendo habitual,o que permite atender a todos aqueles turistas e excursionistas que se achegan en calquera época do ano, e non soamente no verán, algo que sorprende e agradecen os visitantes.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.