A alcaldesa Fátima Abal clausurou coa entrega dun certificado de profesionalidade nivel 1 o curso que viña impartindo desde finais de febreiro deste ano, este curso tivo unha duración de 318 horas nas cales están incluídas 80 horas de practicas, que serviron para tomar contacto directo co aprendido durante estes meses.
Nesta ocasión beneficiáronse deste curso un total de 15 alumnos e alumnas repartidos en 2 especialidades como son “Atención sociosanitaria a persoas no domicilio” e do curso “ Operacións básicas de restaurante e bar”. Entendendo que Cambados é unha vila mariñeira e cunha fermosa costa, o noso tecido empresarial a parte do agrícola na súa maior parte, tamén e turístico.
Por todo isto a alcaldesa Fátima Abal eloxia este tipo de cursos impartidos que poden axudar a que os nosos mozos e mozas teñan máis facilidade á hora de optar a un posto de traballo ou mesmo a ser emprendedores e introducirse o o mundo laboral. A alcaldesa deséxalles a mellor das sortes de aquí en diante e anímaos a que sigan formándose, para cada dia ser mais profesionais ante os clientes tan esixentes que lles esperan.
“O meu compromiso é firme coa igualdade e coa formación polo cal continuaremos con estes cursos de formación dando oportunidades aos nosos desempregados”