III tríatlon popular Concello de Cambados

III tríatlon popular Concello de Cambados

Data de celebración: Sábado 16 de xuño de 2018

Horarios das probas:

Saída: 17:00h

A saída será nas inmediacións do illote de San Sadurniño.

O primeiro sector consistirá en 0,750 km de natación nun percorrido balizado dende as inmediacións do illote de San Sadurdiño ata a praia de Santo Tomé. A saída será as 17:00h.Os primeiros triatletas completarán este primeiro sector en aproximadamente 10 minutos; os últimos empregarán aproximadamente 21 minutos.

O segundo sector, de 19 km de carreira en bicicleta, será de catro voltas que comezará ás 17:11 h. saíndo da área de transición, sita nas inmediacións da escalinata de Santo Tomé polo propio muelle de Santo Tomé, continuando pola Alameda de Santo tomé, Avenida de Galicia, rotonda da Avenida de Vilariño (PO-550), Ribeira de Fefiñáns, continuando por Beiramar (PO549) ata o Porto de Tragove onde será o punto de retorno, volvendo polo mesmo percorrido ata a zona de transición onde se cumpre unha volta.

Ó completar as catro voltas entrarán na área de transición, na que deixarán as súas bicicletas nos soportes colocados para elo.

Os triatletas de cabeza completarán o percorrido aproximadamente ás 17:41 e os da cola ás 18:20 h

O terceiro sector de 5 km de carreira a pé, constará de dúas voltas e comezará saíndo da área de transición, seguindo o paseo Marítimo ata o punto de retorno que estará situado aproximadamente no comezo do muelle de Tragove volvendo polo mesmo paseo ata a zona de partida completando así unha volta.

Na segunda volta os corredores entrarán na meta situada na Praia de Santo Tomé. Os primeiros remataran a proba ás 18:00 h e os últimos ás 18:45 h .