ESCOLA DEPORTIVA MUNICIPAL DE PATINAXE

A Concellería de Deportes do Ilmo. Concello de Cambados informa que a partir do vindeiro xoves 15 de outubre abrirase o prazo de inscripción para a Escola Deportiva Municipal de Patinaxe. Tódolos nenos e nenas, entre 6 e 14 anos, que estén interesados deberán apuntarse na oficina municipal do Dinamizador Deportivo, sita na rúa Ourense, en horario de 9:00 a 13:00 horas. Seguirase un riguroso orde de inscripción ata o límite de prazas. A actividade desenrolarase no Pavillón do Instituto Francisco Asorey, en Os Caeiros, os mércores en dous turnos: o primeiro de 16:30 a 17:15 h e o segundo de 17:15 a 18:00 h. A actividade será de balde e está patrocinada pola Excma. Deputación Provincial de Pontevedra.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.