CAMBADOS CELEBRA O DÍA DAS LETRAS GALEGAS EN STREAMING CON MÚSICA E OFRENDA FLORAL

CAMBADOS CELEBRA O DÍA DAS LETRAS GALEGAS EN STREAMING CON MÚSICA E OFRENDA FLORAL

O Concello celebrará a ofrenda floral e a lectura de poemas o domingo 17 ás 12 horas no monumento a Cabanillas situado no Paseo da Calzada.

Ás 19:00 horas vaise celebrar unha sesión en streaming do Grupo Onte e Hoxe coa intervención de Francisco Fernández Rei, membro da Real Academia Galega, e de Mariña Area, estudante de Filoloxía Galega na USC, recitando. poemas do homenaxeado.

As limitacións impostas polo estado de alarma e a crise sanitaria do covid non impedirán que o Concello de Cambados conmemore o Día das Letras Galegas o vindeiro domingo, 17 de maio. Iso si, a programación prevista para esta celebración adáptase ás novas circunstancias e todos os actos previstos emitiranse en streaming a través do facebook oficial do Concello.

O Domingo 17 de maio vaise realizar unha ofrenda floral e lectura de poemas de Carvalho Calero, e xunto coa neta de Ramón Cabanillas, Pitusa Cabanillas estarán: Isabel González Avión, Ramón Caride Ogando, Xosé María Vila Ribadomar, Domingo Tabuyo Romero, Maribel Iglesias Baldonedo, Manuel Núñez Pérez e Emilio Xosé Ínsua López, quen realizará unha breve disertación sobre a biografía e bibliografía do autor homenaxeado este ano no Día das Letras Galegas. O acto no Paseo da Calzada comezará ás 12 do mediodía e rematará arredor das 13 horas, e estará amenizado con música tradicional galega.

Xa pola tarde-noite terá lugar un evento músico-cultural. Ás 19:00 horas, no se vai celebrar unha sesión en streaming do Grupo Onte e Hoxe, grupo de música cuxo repertorio inclúe cancións en galego dos anos 60 e 70 ata a actualidade. Nado en 2015, está integrado por Anxo Xesteira, Itziar Solla, Roberto F. Lores e Víctor Bóveda. O acto en streaming, tamén contará coa intervención de Francisco Fernández Rei, membro da Real Academia Galega, falando da figura de Ricardo Carvalho Calero, e de Mariña Area, estudante de Filoloxía Galega na USC, recitando. poemas do homenaxeado.

O Concello de Cambados non quere perder a oportunidade de conmemorar o Día das Letras e de chamar a atención sobre a importancia da nosa lingua e dos nosos autores. Por iso, a concellería de Cultura a través da Área de Normalización Lingüística, poñen en marcha esta iniciativa.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.