O CONCELLO DE CAMBADOS SUMA ESPAZO PARA PEATONS E REFORMULA O MERCADO PARA ACTIVAR O COMERCIO

O CONCELLO DE CAMBADOS SUMA ESPAZO PARA PEATONS E REFORMULA O MERCADO PARA ACTIVAR O COMERCIO

Os ambulantes vanse instalar dende este mércores en novas zonas do Paseo Marítimo e na Rúa Nova para que poidan montar a totalidade dos postos cumprindo as restricións sanitarias en canto ao distanciamento dos mesmos.

Reactivar Cambados dende o punto de vista económico e social é o obxectivo do plan de reactivación económica do Concello de Cambados na que participa o goberno municipal e representantes dos distintos sectores económicos do Concello de Cambados.

A primeira acción que se acometeu é unha humanización en espazos públicos, para acondicionar estes á actividade comercial e persoal da cidadanía, facilitando a circulación de persoas e garantindo que se podan cumprir as medidas de distanciamento social. Esta humanización localízase no Paseo Marítimo e na Avenida de Galicia unha das zonas de Cambados de gran afluencia comercial e de fluxo de persoas.

Seguirase traballando no Comercio e na Hostalaría de Cambados, reforzando e intensificando as medidas que se estaban xa tomando, aumentando o valor do Casco Histórico e dinamizando o mesmo. Estanse a aplicar unhas normas e uns protocolos sanitarios adaptados a cada sector, que garantirán que todos aqueles establecementos de Cambados, cumpran coas normas sanitarias establecidas polo COVID-19.

E outra das partes deste plan de reactivación será a reorganización do mercado en Cambados. O Mercado Ambulante, hai anos estaba distribuído polo Paseo Marítimo e na Rúa Nova, e non concentradas nun só punto. O Concello de Cambados reactivará o Mercado cun novo formato, que busca dinamizar a actividade comercial, redistribuíndoa no Paso Marítimo e na Rúa Nova, para que desta maneira se poida cumprir o distanciamento entre os postos esixidos pola lexislación vixente, e poidan montar a totalidade dos postos ambulantes ao aumentar a superficie do mercado, motivo polo que se vai ampliar a zona do mercado mentres duren as restricións sanitarias, así o Concello de Cambados xa lle remitiu un oficio coa planimetría do Mercado Ambulante a Portos de Galicia e a Consellería de Sanidade a pasada semana para poder realizar a súa apertura.

Por tal motivo vaise restrinxir o trafico os Mércores e Sábado, na Rúa Nova como nas zonas de estacionamento na parte posterior da praza de abastos como no parking do paseo marítimo na Alameda de San Tome, xa que estes espazos van ser ocupados polos ambulantes para poder instalar a totalidade dos postos. Dende o Concello de Cambados pedimos comprensión a aqueles veciños que se vexan afectados e que poidan sufrir algún tipo de molestias por este cambio temporal no mercado ambulante, motivo polo que dende o pasado Sábado xa se instalou sinalización por parte da Policía Local avisando da próxima apertura do mercado e das limitacións de estacionamento. Ademais indicar que o plan de trafico elaborado pola Policía Local para a instalación do mercado na Rúa Nova vai garantir o acceso aos veciños das distintas rúas aos seus garaxes como dos vehículos de emerxencias en todo momento. Os ambulantes que queiran coñecer de antemán a súa nova ubicación pódense poñer en contacto co Concello de Cambados para que se lle informe persoalmente.   

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.