Convocatoria de pleno extraordinario para a aprobación inicial, se procede, do orzamento para o exercicio 2018

O xoves 10 de maio, ás 21:00 no salón de plenos da casa consistorial celebrarase a sesión plenaria ordinaria coa seguinte orde do día: Aprobación inicial, se procede, do Orzamento para o exercicio 2018 (Expte. 543/2018) Adxuntos 1cYGRw5kUxnP3q6DjvJONpDcMLxfi0VUUg-vJApkayTKSf0pkd2eTtHcdTq22s2Vw0RBD_DBS7fX_v4aY5jIZHoQSHo0KICFBocdzC8hxRh6FtzddlrDVH4YheUokBc5xrMxke-VITOSXTbrhm0U7w (518 kB)

Visita guiada con Soledad Penalta

O sábado 12 de maio, ás 12:30 no espazo de exposicións de Torrado, Soledad Penalta estará con nós para percorrer os segredos da súa exposición “cal é a carga precisa da pregunta?”. Para inscribirse na actividade, poden facelo a través do correo pazotorrado@gmail.com (prazas limitadas). A exposición pódese seguir visitando da forma habitual ata o […]

Presentación do libro “Terra queimada”, de Ramón Caride

O venres 11 de maio ás 20:00 en Exposalnés terá lugar a presentación do libro “Terra queimada”, de Ramón Caride. O acto, que forma parte da programación adicada ás Letras Galegas, estará presentado por Víctor Caamaño (concelleiro de Cultura), Carlos Solla (escritor e historiador) e Ramón Caride (autor)

Curso de manipulador de alimentos

O próximo xoves día 10 de maio, ás 17:00, a Oficina de Turismo de Cambados – Exposalnés, situada no Paseo da Calzada, s/n, acollerá un curso de Manipulador de Alimentos organizado pola empresa Enatop. Está dirixido a calquera persoa que o precise para traballar no sector da alimentación (hostalería, comercio, industria, pesca e marisqueo, agricultura, bodegas, etc.). Os interesados […]

Programación adicada ás Letras Galegas

Para conmemorar o Día das Letras Galegas, o Concello de Cambados pon en marcha unha programación durante todo o mes de maio. Este ano adícase a María Victoria Moreno. 11 Maio (venres) Ás 20:00 horas en Exposalnés presentación do libro de Ramón Caride, “Terra queimada”. 12 Maio (sábado) Ás 19:00 horas no Parque de Torrado, […]

Día da fibromialxia, do síndrome de fatiga crónica e do síndrome de intolerancia química múltiple

O sábado 12 de maio, ás 17:30h na praza do Concello conmemórase o día da fibromialxia, do síndrome de fatiga crónica e do síndrome de intolerancia química múltiple. No acto farase lectura dun manifesto, e farase unha cadea humana arredor do concello.