Programación adicada ás Letras Galegas

Programación adicada ás Letras Galegas

Para conmemorar o Día das Letras Galegas, o Concello de Cambados pon en marcha unha programación durante todo o mes de maio. Este ano adícase a María Victoria Moreno.

11 Maio (venres)
Ás 20:00 horas en Exposalnés presentación do libro de Ramón Caride, “Terra queimada”.

12 Maio (sábado)
Ás 19:00 horas no Parque de Torrado, Festival Anual de Con de Xido polas Letras Galegas. Coa participación de grupos galegos e portugueses de música tradicional
Ás 20:30 horas no Auditorio , presentación do libro de Adela Leiro e Mon Daporta, “Galiza, un país de primeira”.
Acto en beneficio da asociación Galicia AME.

13 Maio (domingo)
Ás 19:00 horas no Auditorio representación teatral “Señora que paseaba pola rúa con dous cans preciosos” da compañía Matriosca Teatro (obra patrocinada pola Deputación de Pontevedra).

14 Maio (luns)
Ás 17:00 horas na Calzada, diante do monumento a Ramón Cabanillas, Lectura Continuada de obras de María Víctoria Moreno (de 17:00 a 20:00 horas

15 Maio (martes)
Ás 19:00 horas no Auditorio representación teatral “A nena que quería navegar” da compañía Redrum Producións.

16 Maio (mércores)
Ás 12:00 horas Ofrenda Floral dos centros de ensino polo Día das Letras Galegas 2018. Posteriormente o espectáculo “tic-tac-toc” do cantautor Pablo Díaz.
Ás 20:00 horas no salón de Exposalnés, presentación do libro-CD “Herdeiras” (muller-identidade-memoria) de Carmen Pením.
Neste acto proxectarase a curtametraxe BUCLE, de Margarita Ledo.

17 Maio (xoves)
Ás 13:00 horas no Auditorio, concerto “Das Letras Galegas” da Banda de Música de Castrelo.

18 Maio (venres)
Ás 20 horas no Auditorio, concerto de Carmen Penim (con cancións de Herdeiras e de obras de María Víctoria Moreno) que contará co acompañamento de Marizio Polsinelli –piano-, Javier Rabannal –contrabaixo- e Noli Torres –batería-.

24 e 25 Maio (xoves e venres)
Ás 11:00 horas no Auditorio, representación teatral da obra de María Victoria Moreno “Anagnórise”. Acto organizado pola Editorial Galaxia e dirixida a centros de Ensino Secundario.

27 Maio (domingo)
Ás 20:00 horas no Auditorio, concerto de Rodrigo Romání presentando o seu novo traballo discográfico (“Fios de ouro no ar”).

2 Xuño (sábado)
Ás 20:00 horas no Auditorio, entrega do Premio Ramón Cabanillas, evento organizado polo Concello de Cambados e polas Librerías Ramón Cabanillas e Contos.

Adxuntos