XXIX Maratón Popular de Oubiña (memorial Manuel Mariño Castro)

O domingo 13 de maio dispútase o XXIX Maratón Popular de Oubiña (memorial Manuel Mariño Castro), que sairá ás 11:30. A lonxitude do circuíto será de 5km, e na categoría absoluta de 10 km. Haberá 9 categorías segundo as franxas de idade. Entregarase un trofeo para o primeiro clasificado de cada categoría dos distintos sexos […]

Presentación do libro “Galiza, un país de primeira” de Adela Leiro e Mon Daporta

O sábado 12 de maio, ás 20:30 h no Auditorio Municipal da Xuventude, preséntase o libro “Galiza, un país de primeira” de Adela Leiro e Mon Daporta, a beneficio da asociación galiciAME. O acto contará coa actuación de Xaquín, Anxo e Roi Xesteira.

Cambados dótase co fondo María Victoria Moreno

A concellería de Cultura do Concello de Cambados ven de facerse cun fondo bibliográfico de cincuenta obras da escritora á que Galicia lle dedica as Letras do ano 2018, María Victoria Moreno. Profesora, escritora, tradutora, filóloga, bibliófila e libreira… a importancia da homenaxeada coas Letras galegas deste ano non lle foi allea aos libreiros de […]