UNHA EMPRESA DE CAMBADOS SOLICITA UNHA NAVE DO VIVEIRO INDUSTRIAL

UNHA EMPRESA DE CAMBADOS SOLICITA UNHA NAVE DO VIVEIRO INDUSTRIAL

O Concello de Cambados ven de recibir a solicitude de admisión e selección dun novo proxecto empresarial para ocupar unha das Naves do Viveiro Industrial do Concello de Cambados, tratase dunha nova empresa que se acaba de constituir en Cambados, “Estructuras RCL”, empresa que se vai adicar a actividade de Carpinteira Metálica, soldadura e fabricación de estruturas metálicas e cerraxeria, segundo expon na solicitude de admisión a vantaxe competitiva na que se vai basear a viabilidade do proxecto vai ser o uso das novas tecnoloxías e implementación do uso das TICs na prestación do servizo que lles vai permitir reducir os custes. No relevante a creación de emprego inicialmente para a posta en marcha do negocio vanse crear 4 postos de traballo, pero a previsión e que no o remate do segundo ano de vida da empresa a contratación sexa de 12 empregados, e a hora de contratar van ter preferencia aquelas persoas que pertenzan a colectivos desfavorecidos ou en risco de exclusión social. Unha vez que o expediente sexa avaliado polo departamento de Orientación Laboral seguira os tramites ordinarios para a súa definitiva adxudicación.

Estas naves para emprendedores do Viveiro Industrial que contan con espazos que van dende os 350 metros aos 500 metros teñen uns prezos que oscilan entre os 400 e os 550 euros mensuais, quedando inda duas naves baldeiras a día de hoxe. Os requisitos que estableceu a Xunta de Galicia para a adxudicación da mesma (menos de 6 meses dende a creación da empresa, domicilio no concello de Cambados e como máximo dous anos de aluguer) dificultan a posibilidade de alugar estas Naves, das que xa se presentaron por rexistro outras dúas solicitudes pero que non se puideron conceder por non cumprir estes requisitos.  

Numeración das Rúas do Polígono e Pantalla Dixital

Unha vez rematadas as melloras no Polígono Industrial vanse numerar as rúas do Polígono Industrial coas novas nomenclaturas aprobadas en pleno, estas novas numeracións das rúas tamén se lle vai dar traslado as empresas que están alí instaladas, como a oficina de correos e así facilitar o traballo de localización das mesmas xa que ata o de agora localizábanse unicamente polo número de parcela. Xunto coa misiva que se lle vai remitir a tódalas empresas dende a Concellaría de Promoción Económica, tamén se lle vai informar de que xa esta en funcionamento a Pantalla Dixital na entrada do Polígono Industrial Sete Pías e na que poden incluír a publicidade as empresas que así o desexen, de forma totalmente gratuíta.