O domingo 6 de maio, ás 11:00 arrinca na praza de Fefiñáns unha nova edición da Festa da Bicicleta. O percorrido será de aproximadamente 11 km e ao final do mesmo haberá un sorteo de bicicletas, para o que haberá que inscribirse ás 10:00 na mesma praza. Lembrade que é obligatorio o uso do casco! […]
Camiñar pola rúa é unha actividade necesaria e saudable pero require coidados. Os malos hábitos do peón desembocan en ocasións en atropelos ou en accidentes de tráfico. Os compartimentos de espazos nas vías entre os peóns e os condutores de vehículos son motivo de reflexión. O papel da educación viaria é fundamental para a mudar […]
A Concellería de Cultura do Concello de Cambados presenta o Concurso do Cartel para a LXVI Festa do Albariño, declarada de Interese Turístico Nacional, que se rexerá polas seguintes bases: 1ª.Participación: Poderá formar parte deste concurso calquera persoa física, sen máis limitacións que as impostas pola legalidade vixente. 2ª.Carteis: Os orixinais deberán ser inéditos e […]
Durante a semana do 23 ao 27 de abril, a Escola Municipal de Música e o Conservatorio celebran as súas xornadas de portas abertas. E o 3 de maio, a banda de música xuvenil ofrece un concerto didáctico cunha batalla de estilos e instrumentos, clásicos e actuáis.
O sábado 21 de abril, ás 16:30 na Praza de Fefiñáns celébrase a 16ª xornada da Liga Nacional de Billarda, conferencia Rías Baixas.
O Concello de Cambados comprácese en convidalos á inauguración da exposición de escultura de Soledad Penalta: “cal é a carga precisa da pregunta?”, que terá lugar o venres 13 de abril. A mostra poderá ser visitada no espazo de exposicións de Torrado entre o 13 de abril e o 3 de xuño, de martes a […]
Desde a súa creación no mes de xaneiro do 2017, Amicorum Musiace preséntase como un coro cun novo estilo, xurdido da amizade reencontrada dos seu máis de 90 membros tras moitos anos de dispersión, e que ademais constitúese como asociación musical coa fin, entre outras, de fomentar e difundir o patrimonio musical español e asturiano. […]
A Escola Municipal de Música e o Conservatorio Municipal organizan a vindeira semana as audicións de primavera, ás 18:00 e 20:00. Ademais, o xoves 22 ás 20:00 a Banda de Música Xuvenil ofrecerá o concerto “Músicas que soan na radio”