Campaña de educación vial para peóns

Campaña de educación vial para peóns

Camiñar pola rúa é unha actividade necesaria e saudable pero require coidados. Os malos hábitos do peón desembocan en ocasións en atropelos ou en accidentes de tráfico. Os compartimentos de espazos nas vías entre os peóns e os condutores de vehículos son motivo de reflexión. O papel da educación viaria é fundamental para a mudar hábitos. Valores como a solidariedade, o respecto mutuo, a tolerancia e a convivencia son imprescindibles. Debe introducirse un debate na sociedade cambadesa que poña de manifesto a importancia de desprazarse de forma segura polas rúas do noso municipio. Diferentes factores adquiren importancia: as persoas maiores por naturaliza humana perdemos mobilidade, psicomotrocidade, e incluso audición; os vehículos son cada vez mais rápidos e silenciosos; somos un exemplo de imitación para nosos fillos, netos e veciñas. En resumo, que a educación viaria é moi importante para convivir pacificamente entre os distintos usuarios de las vías.

Abordar o problema dos accidentes de tráfico nunha Vila como Cambados significa aproximarse ao conxunto de factores e elementos que interveñen nel, e que a cotío se simplifica na agrupación vía, vehículo e sobre todo nas persoas.

Nos últimos anos observouse un aumento importante de persoas que camiñan por diferentes zonas urbanas e interurbanas realizando una actividade saudable de ocio ao camiñar. É habitual atoparse vehículos e peóns en zoas insuficientemente iluminadas, sen beirarrúas, vestidos de cores escuros, etc. Estas e outras circunstancias son máis comúns do desexable.

Mentres, no centro da Vila, a pesares de existir pasos sinalizados e semáforos os peóns cruzan en ocasións por lugares inadecuados, xerando un risco totalmente evitable. Na sociedade actual ás veces vivimos con presa, demasiado rápido… Pacificar a mobilidade, calmar o tráfico, educar e respectar as normas son solucións pretas e doadas.

Velar pola seguridade é unha das competencias da policía local de Cambados, un servizo público ao dispor das veciñas e veciños. Facéndonos eco do Plan Estratéxico de Seguridad Vial da Dirección General de Tráfico 2011-2020 búscase como principal obxectivo diminuír os accidentes así como a gravidade dos mesmos. Unha das medidas especiais do Plan Estratéxico é a de disuadir as condutas perigosas con formación e información a través de campañas por grupos de risco.

A Xefatura da Policía Local de Cambados xunto cas Concellarías de Educación, Mobilidade, Seguridade e Participación Cidadá e ca colaboración e da Xefatura Provincial de Tráfico de Pontevedra e da Asociación de comerciantes Zona Centro, levará a cabo durante los meses abril e maio de 2018 unha serie de actividades de educación viaria en diferentes centros escolares e asociacións de veciños. Tamén se levará a cabo de forma paralela unha campaña informativa de sensibilización e protección ao peón a pe de rúa en diferentes vías.

DESTINATARIOS:

Os destinatarios serán peóns/conductor@s de diferentes idades e sexos.

CONTIDOS:

Nos derradeiros anos as novas tecnoloxías aplicadas ao deseño dos vehículos sufriron un espectacular avance en canto á fabricación, elementos de seguridade tanto pasiva como activa e comportamento dos elementos, por citar algúns. Esta evolución  incidiu directamente na seguridade non só dos ocupantes si non tamén dos peóns. As limitacións de velocidade nas vías urbanas, as “Zona a 30” como a do entorno de Fefiñáns, o aumento das zoas peonís, o deseño dos vehículos para diminuír as consecuencias aos peóns atropelados son temas de análise sobre realidades actuais. Por iso elixíronse como principais contidos os seguintes:

  • Concepto de educación e seguridade viaria. Principios de seguridade activa e pasiva.
  • Os maiores como vehículos transmisores de información en materia de educación, a imitación das súas condutas. Breves consellos como peóns, condutores e pasaxeiros.
  • As diferenzas entre os adultos e nos nenos na percepción do tráfico: visión, audición, distancias, tempos, velocidades, seu desenvolvemento cognoscitivo, etc.
  • Os accidentes de tráfico. Concienciación e sensibilización.
  • Educación en valores: Percepción do risco, respecto ás normas e sinais, solidariedade, tolerancia, responsabilidade, liberdade, autonomía persoal, saúde e vida, orden e armonía e prudencia.

CONSELLOS AO PEÓN:

NA ZONA URBANA

  • Utilice os pasos de peóns, se non hai fágao polo lugar máis curto, visible e en liña recta.
  • Os coches son cada vez máis silenciosos (vehículos eléctricos), preste especial coidado.
  • Transitar por zonas peonís ou beirarrúas sen invadir a calzada. Nunca cruzar entre dous coches que estean detidos.

NAS ESTRADAS INTERURBANAS

  • Salvo causa de forza maior circule sempre pola beirarrúa esquerda, e o máis separado que poida da calzada.
  • Evite cruzar por lugares en zonas de curvas ou outros obstáculos que lle impidan ver con claridade os vehículos.
  • Extreme as precaucións nos días de choiva ou visibilidade reducida.
  • De ir en grupo circular en “ringleira” (un tras de outro).

NA NOITE OU CON MENOS VISIBILIDADE

  • O refrectante é o seu seguro de vida. Hai que facerse ver.
  • Leve sempre elementos refrectante coma un brazalete, cinto ou chaleco de alta visibilidade.
  • Use elementos luminosos coma lanternas ou similares, orientadas cara o chan para non cegar os condutores.
  • Escolla o camiño mais seguro (rúas con beirarrúas anchas, mais iluminadas…).

SEMPRE

  • Respecte os semáforos.
  • Sexa consciente das limitacións funcionais de si mesmo.
  • Busque o contacto visual co condutor. Preste especial atención aos nenos, maiores e persoas con mobilidade reducida.

 

OBXECTIVOS:

  • Mellora da seguridade viaria, do comportamento dos peóns e condutores na mobilidade.
  • Concienciar da grave problemática social que supoñen os accidentes de tráfico por atropelo, tentando inculcar que dende a educación viaria pódese contribuír a súa diminución.
  • Tentar implicar aos maiores como vehículos transmisores de contidos en materia de educación viaria e resaltar a importancia que teñen as súas condutas ante os menores do seu entorno.

DIFUSIÓN:

Para a difusión da campaña prestan desinteresadamente a súa imaxe Yayo Daporta, Mercedes Álvarez (Merchy), Alberto Rodríguez (Chufy), Manolo Paz, Antonio Buceta e Úrsula Barral:

Yayo Daporta (1975)

Cociñeiro español, chef do seu restaurante. Ten unha estrela Michelin  e dous sol da Guía Repsol.  En 2005 inaugurou seu propio restaurante e gañou o Record Guiness sendo o cociñeiro máis mozo da historia en acadar unha estrela Michelin. No 2014 presentou xunto a Susi Díaz e Alberto Chicote o programa de televisión “Top Chef”.

Mercedes Álvarez Fernández, Merchi, (1988)

Presidenta de GALICIAME. Funda a asociación sen ánimo de lucro en Cambados no 2015 tras diagnosticarlle Atrofia Muscular de tipo 4, unha enfermidade xenética que ataca as neuronas motoras da medula espinal, que acaba deixando sen mobilidade a quen a padecen e non ten cura. E un exemplo de superación e loita.

Alberto ‘Chufi’ Rodríguez (1974)

Deportista. Xogador e actual adestrador de baloncesto vencellado ao Xuven Cambados. Chufi e toda unha institución na historia da Liga LEB superando os 350 partidos disputados. Historia en activo da competición, o veterano pivote de Cambados alargou a lenda: a de ser o xogador con máis partidos e rebotes na categoría. Xogador con máis partidos da historia na Liga “Adecco Plata” e máximo reboteador (1.555 capturas). Rodríguez chegou a converterse na  tempada da súa retirada no cuarto mellor anotador da competición.

Úrsula Barral Chan (2007)

Usuaria da Asociación Esperanza Salnés de Cambados. Filla de Egidio e Mili e veciña de Vilalonga no Concello de Sanxenxo. Úrsula ten 10 anos e una discapacidade, pero unha contaxiosa sorrisa e toda unha vida por diante.

Manolo Paz Mouta (1957)

Escultor de Arte Contemporánea con gran proxección internacional. Membro da Academia Galega de Belas Artes e Premio Cultura Galega das Artes Plásticas. Estudou na Escola de Artes e Oficios Mestre Mateo (1978), un ano despois xa exerce a docencia en escultura na Escola de Canteiros de Poio, Pontevedra. No ano 1992 aséntase en Nova York. Manolo Paz expuxo en prestixiosas galerías como no Museo Barjola de Gijón ou na  Fundación Joan Miró. Formou parte dos circuítos nacionais de arte e participando en feiras e exposicións colectivas no estranxeiro. Creou a Fundación que leva o seu nome en Castrelo, Cambados. 

Antonio Buceta Castiñeiras (1954)

Pediatra e médico do SERGAS no PAC de Cambados. Antonio non e un pediatra máis da zona de Arousa nin da de Pontevedra. Durante anos pola súa consulta pasaron milleiros de cativos, nais e pais, por iso acadou a etiqueta de converterse en moito máis que un doutor. Preto de poñer fin a súa dilata experiencia laboral atesoura ser unha referencia amable e imprescindible para moitas familias.

Por último prestaron tamén su colaboración desinteresada os fotógrafos Martina Miser de La Voz de Galicia, Gonzalo Salgado do diario de Arousa e Iñaki Abella do Faro de Vigo.

ORGANIZA.- POLICÍA LOCAL DO CONCELLO DE CAMBADOS. Concellarías de Educación, Mobilidade e Participación Cidadá.

COLABORAN.- Xefatura Provincial de Tráfico de Pontevedra, Asociación de Comerciantes Zona Centro de Cambados. Asociación de Prevención de Accidentes de Tráfico P(A)T Galicia.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.