A concellaría de Igualdade do Concello de Cambados, que xestiona a alcaldesa Fátima Abal, convida a tódolos veciños e veciñas a asistir o sábado 7 de xullo, ás 20:30 no auditorio da Xuventude, á proxección do filme “9 de novembro”, a primeira película de temática LGTBI rodada en Galicia e que conta coa participación do actor cambadés Ademar Silvoso.
A entrada será de balde, con reserva no teléfono 986520902 ou no correo alcaldia@cambados.es