O CONCELLO DE CAMBADOS INVITA OS VECIÑOS A PARTICIPAR, POR TERCEIRO ANO CONSECUTIVO, NO REMONTE XACOBEO DO ULLA

O CONCELLO DE CAMBADOS INVITA OS VECIÑOS A PARTICIPAR, POR TERCEIRO ANO CONSECUTIVO, NO REMONTE XACOBEO DO ULLA

Nesta edición XXXIV da Traslatio, que se celebrará o próximo Domingo  1 de Xullo, a ruta marítimo-fluvial  cubrirá a distancia entre o Concello de Cambados, onde fará  saída o catamarán as 16:15 h da tarde dende o Porto de Tragove  con destino Padrón.

A chegada a Padrón está prevista para as 18:20 h, e iniciarase o  regreso a Cambados as 19:00 h. Chegando aproximadamente de volta  as 21:00 h a Tragove.

Este evento conmemora a chegada a Galicia por mar, do corpo do apóstolo Santiago. Por este motivo se celebra cada ano a Conmemoración da Traslatio, realizando unha procesión marítimo-fluvial pola Ría de Arousa e o río Ulla.

O obxectivo principal  é facer partícipes, tanto os veciños e veciñas de Cambados, nesta peregrinación do Ulla, e promóver a Ruta marítimo-fluvial, o primeiro dos camiños de peregrinación.

A invitación para este evento está aberta o público en xeral e é gratuita, eso sí, necesitarase inscrición previa a partir do Luns 18 de Xuño  na  Oficina de Tursimo de Cambados, a través dos teléfonos 986 520 786 //  986 520 943 Ext. 769 ou ben a través do mail  turismo@cambados.es.