Declaración institucional con motivo do día internacional do orgullo LGTBI 28 de xuño de 2018

Declaración institucional con motivo do día internacional do  orgullo LGTBI 28 de xuño de 2018

“Todos os seres humans nacen libres e iguais en dignidade e dereitos”. Estas palabras corresponden á redacción do artigo primeiro da Declaración Universal dos Dereitos Humans e é o incuestionable fundamento que rexe o traballo das Corporacións Locais españolas, entidades lexítimas e garantes da defensa e protección dos dereitos e deberes de todas as persoas que viven nos nosos territorios.

Cando se cumplen 70 anos da aprobación do documento declarativo aprobado pola Asemblea Xeral de Nacións Unidas, 65 anos dende a aprobación do Convenio para a Protección dos Dereitos Humans e das Liberdades Fundamentais e 39, dende a súa ratificación por España, a FEMP adheriuse, uns anos máis, á conmemoración do Día Internacional do Orgullo LGTBi como parte do seu compromiso coa igualdade de trato e de oportunidades como un principio fundamental e unha tarefa prioritaria para as administracións locais.

O 28 de xuño, en recordo aos disturbios de Stonewall (Nova York), celebramos o recoñecemento formal dos dereitos das persoas lesbianas, gais, bisexuais, transexuais e intersexuais fundamentado en valores universais e democráticos como a igualdade, o respeto, a diversidade e a liberdade e, ao mesmo tempo, lamentamos que este paso non se produxese a nivel mundial, nin de maneira plena.

Recoñecemos as moitas medidas que dende diferentes ámbitos se veñen levando a cabo para apoiar ás víctimas e para modificar actitudes e solidarizámonos con todas as persoas que sofriron as mostras de intolerancia, discriminación e violencia que aínda hoxe en día suceden ao longo e ancho do noso país.

As corporacións locais españolas seguimos comprometidas co desenvolvemento e implementación de políticas e servizos públicos velando pola garantía de igualdade efectiva coa independencia da sua orientación sexual e identidade de xénero, como elemento esencial para a convivencia, o progreso e o desenvolvemento social e económico sostible.

Somos, as entidades locais, a porta de entrada e primeiro termómetro das necesidades da cidadanía, salvagarda da convivencia cidadá e non discriminación de todas as persoas, con independencia da sua raza, sexo, idade, procedencia e condición sexual, representamos unha das tres bases fundamentais sobre as que descansan a estructura do noso Estado e contribuimos de forma inequívoca ao estado de benestar.

Concellos, Deputacións, Consells e Cabildos Insulares reclamamos o noso papel como axentes esenciais no deseño e desenvolvemento de políticas trasversais e estratéxicas que garantan a igualdade de trato, en dignidade e en dereitos.

Por todo isto, os Gobernos Locais reunidos na FEMP:

Convidamos a todas as Entidades Locais a adherirse a esta Declaración e sumámonos a todas as voces que claman por un futuro en igualdade.

Reafirmamos o noso compromiso cos dereitos humans e, en consecuencia, coa diversidade sexual, así como da non discriminación das persoas pola súa orientación sexual ou identidade de xénero, recoñecendo os avances neste marco, ao tempo que mantemos a nosa firme determinación de avanzar na superación das barreiras que ainda perviven hoxe en día.

Reclamamos o recoñecemento ao alto grao de compromiso asumido na organización e prestación de servizos esenciais e a os cambios e innovacións, novos enfoques e metodoloxías que continuamos incorporando para asegurar a excelencia, dispoñibilidade e calidade que a cidadanía demanda.

Recoñecemos a necesidade de invertir en políticas en favor da diversidade sexual e a non discriminación das persoas pola súa orientación sexual ou identidade de xénero a través do desenvolvemento de programas e proxectos de atención, información, formación e sensibilización que fagan das nosas cidades e pobos espazos seguros para a diversidade sexual.

Condenamos calquer tipo de agresión ás persoas LGTBI no noso país e comprometémonos a continuar traballando na información e formación da Policía Local.

Non son posibles as políticas de igualdade sen os concellos. Por ese motivo, reivindicamos a necesidade de dotar ás Entidades Locais das competencias nesta materia así como de suficientes medios e recursos para, en colaboración co Goberno e as CCAA, asegurar a implementación adecuada de todas as políticas e iniciativas necesarias para garantir a igualdade efectiva das persoas en toda sas nosas vilas e cidades.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.