Cursos SmartPeme de abril en Exposalnés

Cursos SmartPeme de abril en Exposalnés

O Centro ExpoSalnés de Cambados acollerá durante o mes de abril oito obradoiros ao abeiro do programa “SmartPeme” da Deputación Provincial. “SmartPeme” oferta ás persoas emprendedoras e pemes da provincia unha serie de servizos de información, análise, asesoramento, capacitación, demostración, acompañamento e titorización no ámbito das TIC, sempre da man dos propios implicados e implicadas e coa colaboración das asociacións de empresarios e empresarias e de mozos e mozas autónomas.

As persoas interesadas en participar nestes obradoiros, que se celebrarán a partir das 19.00 horas, agás dous, poderán formalizar a súa inscrición chamando ao 886202020 ou ben a través do correo electrónico info.smartpeme@depo.es ou da páxina web www.smartpeme.depo.es.

O Centro ExpoSalnés de Cambados acollerá este martes 3 de abril ás 19.00 horas o curso “Como mellorar a percepción dos teus clientes cos teus correos”. Tras este primeiro obradoiro, o xoves 5 de abril ás 17.00 horas impartirase “Promove o teu negocio: mercadotecnia sectorial”. A seguinte semana ás 19.00 horas terán lugar dous obradoiros de “SmartPeme” comezando o luns 9 de abril con “Facebook marketing” e rematando o xoves 12 de abril con “Sesión informativa: así funciona Whatsapp Business”.

Os obradoiros continuarán o luns 16 de abril con “Graba e monta vídeos profesionais co teu Smartphone” e o mércores 18 de abril con “Linkedin: a túa rede de networking”, os dous ás 19:00 horas. Por último, pecharase o mes de abril con “Optimiza a visibilidade da túa web con Google Search Console”, o luns 23 de abril á mesma hora, e con “Plataformas de comercialización para vivendas e apartamentos turísticos”, o mércores 25 ás 17.00 horas.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.