O Concello de Cambados e a Asociación de Comerciantes, Cambados Zona Centro presentaron hoxe a campaña do Día da Nai, na que se van a sortear 600 euros en vales de compra.
Como novidade nesta edición, os clientes no terán que cubrir a papeleta cos seus datos personais, posto que todas as papeletas están numeradas e so será necesario presentala para reclamar os premios que serán sorteados o venres 10 de maio.
O acto de presentación contou coa presenza dos concellerios Tino Cordal e Xurxo Charlín.
Bases da Campaña DIA DA NAI 2019
1.- Á presente campaña ten por obxecto incentivalas ventas con motivo da celebración do Dia da Nai, mediante o sorteo de 600 euros, repartidos como segue:
– 1 vale compra de 200 €.
– 2 vales compra de 100 €.
– 4 vales compra de 50 €.
2.- Os vales compra poderán ser consumidos en calquera dos establecementos asociados a Cambados Zona Centro.
3.- Dos vales non se devolverá cambio, e terán como límite para o seu consumo o 30 de xuño de 2019.
4.- Os establecementos que reciban estes vales, deberán entregalos nas oficinas da asociación, acompañados de copia dos tikets ou facturas de venta, para o seu abono.
5.- Cada establecemento recibirá 200 rifas, numeradas do 10.000 ao 40.000, que repartirá entre os seus clientes co límite de 5 por compra. Tendo en conta este límite, cada establecementos poderá repartir as rifas segundo o seu criterio (prégase o seu reparto de xeito axeitado e responsable).
6.- Non poden participar na campaña os propietarios dos establecementos asociados, así como tampouco os seus empregados ou familiares directos con rifas do seu establecemento.
7.- As matrices das rifas deben ser entregadas nas oficinas da Asociación, antes das 14:00 horas do dia 10 de Maio.
8.- O sorteo realizarase o venres 10 de maio, ás 14:00 horas, na sede da asociación (Rúa Nova, 4).
9.- Os clientes poderán consultar os números premiados a través na páxina WEB da asociación (www.cambadoszonacentro.com), no seu facebook, ou ben a través dos asociados, quen despois do sorteo recibirán, no seu correo electrónico, un listado cos números gañadores.
10.- Os gañadores deberán poñerse en contacto coa asociación para recoller o seu premio. O prazo para reclamar o premio é de 15 días dende o sorteo.
11.- A participación na campaña supón a aceptación das presentes bases.