ACORDO DE GOBERNO SOBRE REXEITAMENTO DO PROXECTO DE LEI XERAL DE ORZAMENTO DO ESTADO

ACORDO DE GOBERNO SOBRE REXEITAMENTO DO PROXECTO DE LEI XERAL DE ORZAMENTO DO ESTADO

En relación co presente acordo de goberno, sinalar que se trata dunha proposta que nos chega dende a sección Sindical de Comisións Obreiras no concello de Cambados pero que xa se xeneralizou en varios concellos, non so galegos se non tamén de todo o estado.

Consideramos pertinente debater nun tema no que creemos que municipalmente como grupos políticos, estamos todos de acordo  pero que unha vez que imos ascendendo no ámbito das estruturas orgánicas dos partidos pois comeza a haber desacordos.

Cando falamos de administracións locais, falamos de maior debate, de maior coñecemento, de que hai maior cércania coa cidadanía, de que hai custes máis baixos nas obras e nos servizos dos realizados por outras administracións, de feito xa temos falado de que o Concello de Cambados cumpre co teito de Gasto mentres outras administracións como comunidades autónomas ou o mesmo estado incumpren de forma reiterada e sistematicamente pero pola contra non deixa de ser paradoxico, que quen incumpran esixan a quen cumprimos que sigamos cumprindo e non nos dan nin sequera un certo marxe de negociación.

Con respecto a Financiación Local so con explicar este titular de prensa deixa en evidencia o fracaso do sistema de financiación do estado.

Cada gallego recibe al año menos de la mitad de financiación que un vasco

E non o décimos nos, se non tódolos grupos políticos que forman parte da comisión executiva da Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp)  que aprobou por unanimidade un documento con 45 medidas “consensuadas” que apoian todos os grupos políticos para lograr un novo modelo de financiamento local “xusto e non discriminatorio” con Galicia, que teña en conta as características propias de comunidade, tales como envellecemento, dispersión ou o medio rural.

Con respecto o reforzamento dos servizos públicos, só ver as miles de persoas que saen en Defensa da Sanidade Pública e como o vindeiro 4 de febreiro se mobilizaran en Compostela, e que nos entendemos que o apelido é importante, por que hai moitos modelos de sanidade e algúns non son adecuados para a maioría social,  non só de quen teñen a posibilidade de pagarse unha sanidade privada se non tamén dos que non teñen a posibilidade de pagar por ela.  

No tócante as inversións públicas hai que facer referencia ao informe emitido polo Banco de España sobre a evolución das inversións públicas entre o 2007 e o 2016. Pois ben, segundo este informe o peso da inversión pública no PIB caeu un 60%, e como di no mesmo, en termos nominais, o investimento público reduciuse un 51% entre 2009 e 2015 e aínda que foi xeneralizado, caeu máis nunhas partidas que noutras. As actividades que máis se reduciron en termos porcentuais foron as de vivenda e protección social (en torno ao 80% en caída nominal), mentres que a de asuntos económicos, que recolle o investimento en transportes e en I+D, diminuíu un 50%, e as de defensa e orde pública e seguridade fixérono en menor medida, con caídas de entre un 10% e un 20%. Vemos como en épocas de crise reduciuse o investimento en protección social drasticamente, mentres apenas se reduce noutras materias como defensa, todo depende das prioridades de cada un.

Con respecto a creación de emprego e na flexibilización nas ofertas de emprego publico nas administracións locais, si ben é certo que hai un plantexamento por parte do estado dun acordo entre as organizacións sindicais para reducir a taxa de interinidade que nalgúns ámbitos e moi elevada, por que se foi precarizando o emprego público. A Plantilla do concello de Cambados foi envellecendo, por que temos ese mal costume de ir cumprindo anos, así no que vai de lexislatura xa se xubilaron 3 traballadores do concello, e si non hai unha oferta publica adecuada téñense que privatizar moitos servizos que deberían prestarse dende o ámbito publico. Cando se reducen taxas de reposición, cando non se poden sacar ofertas de emprego público acordes coas necesidades do concello e o servizo telo que seguir prestando, non queda máis remedio que facelo dunha forma privada, que o final era o que se buscaba, por que dicían que o privado era o máis eficiente…

Xa para rematar no tema das Cláusulas Sociais debemos mirar de que maneira contratación o pode levar a termino e de que maneira podemos avanzar nesta materia e non permitir que certas empresas que non teñan unha mínima ética cos seus traballadores, contraten directamente coa administración publica, non só buscar que se cree emprego publico de calidade na administración se non que se creen tamén empregos públicos de calidade nas empresas privadas.

EN REPRESENTACION DE CCOO DE GALICIA- REM_ MOCION EN RELACION ORZAMENTOS XERAIS DO ESTADO PARA 2018