A Xunta de Goberno Local, en sesión celebrada o día 31/08/2016, adoptou acordo adxudicar á empresa CONSTRUCCIONES FECHI, S.L.U., o contrato menor das obras de “ACONDICIONAMENTO DE VIAIS NA PARROQUIA DE VILARIÑO”, incluída no Plan de Obras e Servizos, Plan Concellos 2016 da Excma. Deputación (Expte. PC/2016017268), polo presuposto de 13.770,21 (Ive incluído), cunha baixa de 6.229,79 € sobre o prezo de licitación de 20.000,00 €.

O que se fai público en cumprimento do establecido polo artigo 8.1. a) da Lei 19/2013 de 9 de decembro de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, polo 53 do R.D.L. 3/2011, de 14 de novembro polo que se aproba o TRLCSP e pola Base 15ª  das Reguladoras do Plan Provincial de Cooperación ás obras e servizos de competencia municipal para o exercicio 2016.

Cambados, 12 de setembro de 2016. Servizo de Contratación