Resolución da Alcaldía de avocación de competencias, de data 28/10/2016, adxudicouse á compañía “MAPFRE, S.A.” o contrato do “SEGURO DE COBERTURA DE RESPONSABILIDADE CIVIL E PATRIMONIAL DO CONCELLO DE CAMBADOS, por importe de dez mil catrocentos sesenta euros (10.460,00€), o que supón unha redución da prima de 2.540,00 € sobre o orzamento de licitación (13.000,00 €); unha redución da franquicia de responsabilidade civil en 250,00 € sobre a cantidade de 500,00 € establecida no prego; un aumento do límite de indemnización por sinistro de 3.000.000,00 € sobre o establecido de 2.000.000,00 € e un aumento do sublímite de indemnización por vítima en RC patronal de 400.000,00 € sobre o establecido no prego de 200.000,00 €,

O que se fai público en cumprimento do establecido polos artigos 8.1. a) da Lei 19/2013 de 9 de decembro de transparencia, acceso á información pública e bo goberno e o establecido polo artigo 135.4 da LCSP.

Cambados, 21 de decembro de 2016.

Servizo de Contratación.