En data 16/02/2016 asinouse un convenio de colaboración entre os Concellos de Cambados e Ribadumia, aos efectos de solicitar conxuntamente unha subvención da Consellería de Economía, Emprego e Industria, ao abeiro da Orde do 28 de decembro de 2015, pola que se establecían as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas encamiñadas á habilitación e mellora de infraestruturas dos parques empresariais da Comunidade Autónoma de Galicia, para levar a cabo as obras de “DOTACIÓN DE INFRAESTRUTURAS (BEIRARRÚAS, SINALIZACIÓN E APARCAMENTOS) NO POLÍGONO INDUSTRIAL DE O SALNÉS, CAMBADOS-RIBADUMIA”.

Con posterioridade, por parte do Concello de Cambados, solicitouse da Excma. Deputación Provincial con cargo ao Plan Concellos 2016, unha subvención para financia-la aportación de fondos municipais ás mencionadas obras.

Concedidas as subvencións e tramitado o preceptivo expediente de contratación, as obras foron adxudicadas á empresa “Fontefria, S.L.”

O prezo do contrato  quedou fixado na cantidade de oitenta e tres mil cen euros (83.100,00 €), de IVE a cantidade de dezasete mil catrocentos cincoenta e un euros 17.451,00 €), totalizando un importe de cen mil cincocentos cincoenta e un euros (100.551,00 €) (baixa de 75.214,00 € sobre un presuposto de licitación de 175.765,00 €) e un prazo de execución das obras de 13 días de conformidade co ofertado pola empresa.

O resumo do financiamento, unha vez adxudicadas as obras, foi o seguinte:

 

INVESTIMENTO TOTAL DOS CONCELLOS DE CAMBADOS E RIBADUMIA

Investimento

Orzamento sen IVE

IVE 21%

 

Orzamento total

Axuda

95%

Aportación

Mnpal 5%

DOTACIÓN DE INFRAESTRUTURAS (BEIRARRÚAS E APARCAMENTOS) NO POLÍGONO DE O SALNÉS

83.100,00

17.451,00

100.551,00

95.523,45

5.027,55

HONORARIOS REDACIÓN PROXECTO

 

3.500,00

 

735,00

 

4.235,00

 

4.023,25

 

211,75

TOTAIS ……………………………………..

86.600,00

18.186,00

104.786,00

99.546,70

5.239,30

Observación (*): O IVE é subvencionable

 

DESGLOSE DE INVESTIMENTOS EN CAMBADOS

Investimento

Orzamento sen IVE

IVE

21%

Orzamento total

Axuda solicitada

95%

Aportación

Cambados 5%

DOTACIÓN DE INFRAESTRUTURAS (BEIRARRÚAS E APARCAMENTOS) NO POLÍGONO DE O SALNÉS

55.093,76

 

11.569,69

66.663,45

63.330,28

3.333,17

HONORARIOS REDACCIÓN

2.449,59

514,41

2.964,00

2.815,80

148,20

Totais……………………

57.543,35

12.084,10

69.627,45

66.146,08

3.481,37

 

DESGLOSE DE INVESTIMENTOS EN RIBADUMIA

Investimento

Orzamento sen IVE

IVE

 21%

Orzamento total

Axuda

95%

 

Aportación

Ribadumia 5%

DOTACIÓN DE INFRAESTRUTURAS (BEIRARRÚAS E APARCAMENTOS) NO POLÍGONO DE O SALNÉS

28.006,24

5.881,31

33.887,55

32.193,17

1.694,38

Honorarios Proxecto

1.050,41

220,59

1.271,00

1.207,45

63,55

Totais…………………

29.056,65

6.101,90

35.158,55

33.400,62

1.757,93

O que se fai público en cumprimento do establecido polo artigos 8.1. a) da Lei 19/2013 de 9 de decembro de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, polo artigo 53 do R.D.L. 3/2011, de 14 de novembro polo que se aproba o TRLCSP, pola Orde de convocatoria da Consellería de Economía, Emprego e Industria e pola Base 15ª  das Reguladoras do Plan Provincial de Cooperación ás obras e servizos de competencia municipal para o ano 2016.

Cambados, 15 de novembro de 2016.

Servizo de Contratación.