Por Providencia da Alcaldía de data 19/10/2017, adxudicouse á empresa “MARCONSA, S.L.”, o contrato das obras de “DOTACIÓN DE INFRAESTRUTURAS NO POLÍGONO DE O SALNÉS – CONVENIO DOS CONCELLOS DE CAMBADOS E RIBADUMIA”, por importe de 154.619,57 (Ive incluído), cunha baixa de 18.120,43 € sobre o prezo de licitación 172.740,00 (Ive incluído).

As obras fináncianse con cargo á subvención outorgada pola Consellería de Economía, Emprego e Industria (146.888,59 € -95%) e con fondos municipais dos Concellos de Cambados e Ribadumia (7.730,98 € 5%)

O que se fai público en cumprimento do artigo 151.4 do TRLCSP e polo disposto no artigo 81.3 a) da Lei 19/2013, de 9 de novembro de Transparencia, Acceso á información pública e Bo goberno.

En Cambados, a 24 de outubro de 2017. A Alcaldesa, Dª Fátima Abal Roma.