A Cámara de Comercio de Pontevedra, Vigo e Vilagarcía informa da seguinte oferta:

Posto de traballo: operario de mantemento industrial

Data de publicación: 15/05/2017

Número de referencia: 951

Descrición: empresa agroalimentaria (sector da pesca) ubicada na comarca do Salnés busca operario para o seu departamento de mantemento.

Funcións: reportando directamente ao xefe de mantemento, terá como función: mantemento en xeral dos bens de equipo e instalación técnicas da empresa, realizando actividades para o mantemento a nivel preventivo. Solucionar os problemas técnicos de averías ou mantemento correctivo. Montaxe/ desmontaxe de maquinaria e instalación técnicas. Cumprimentar as ordes de traballo.

Requisitos do candidato/a:

Formación: FP I, FP II ou CFGS Mecatrónica Industrial, Equipos e Instalacións Electrotécnicas, Mantemento de Equipo Industrial ou Enxeñería Técnica Industrial (especialidade en Electrónica ou Electricidade). Experiencia previa mínima de dous anos en postos similares. Dominio das tarefas de soldadura, electricidade e mecánica en xeral. Valorable: titulación operador de caldeira, Certificado de uso de carretillas elevadoras, Certificado de uso de plataformas elevadoras, Residencia na comarca do Salnés.

Contacto: enviar C.V. a empleo@camarapvv.es co asunto OPERARIO/A ANTEMENTO INDUSTRIAL

Arquivos adxuntos