Cambadeses e cambadesas, como Alcaldesa de Cambados é un pracer para min,  darvos a benvida á páxina web municipal do Concello, onde poderedes ver as novidades sobre Cambados, na que ademais, será o voso referente de participación cidadá.

Esta será a partir de agora, unha páxina transparente, cércana e aberta a tódolos veciños e veciñas de Cambados para que en cada momento poidades saber canto acontece na nosa vila, desde actos e eventos ata as inversións , gastos e orzamentos, pasando por todo aquilo que vai sendo aprobado nos distintos Plenos.

Comezamos, pois, unha nova etapa no noso Concello, e por tanto tamén unha nova etapa na web municipal que se converterá nun instrumento vivo e dinámico ó servizo dos usuarios.

Queremos  tamén que esta sexa a  plataforma para facer consultas, para obter información e  para concretar xestións, sen necesidade de moverse da casa.  A renovación e  actualización da  web responde, igualmente, a un proceso de modernización da xestión mellorando a participación cidadá, neste caso, mediante os instrumentos que nos brindan as novas tecnoloxías.

Esa é a nosa meta, estar ó servizo de todos os veciños e veciñas  en todo momento, traballando por satisfacer as vosas necesidades e solucionar os vosos problemas, para así alcanzar, unha maior calidade de vida.

Moitas gracias pola vosa colaboración.

Fátima Abal Roma

Alcaldesa de Cambados