Cambados tamén é coñecida como a Capital do Albariño, pois o cultivo e a exportación do viño danlle renome a nivel mundial. Aquí creouse e impulsouse a Denominación de Orixe Rías Baixas, que controla e mellora a produción vinícola para a súa exportación aos principais mercados.

Showing 5 from 25 Items

Count:
Sort by:
Order:
  • Adegas
  • Cambados, capital do Albariño
  • Festa do Albariño
Xesteira, 80 Castrelo 36639 Cambados (PONTEVEDRA)

Coñecido como a Capital do viño Albariño a vila de Cambados estivo ligado desde sempre ao albariño e así queda reflectido nas súas rúas onde a cultura do viño está sempre presente.

Situado nun dos puntos máis emblemáticos de Cambados, xunto ás Ruínas de Santa Mariña Dozo (s. XV), Monumento de Interese Turístico Nacional, atopamos o Museo Etnográfico e do Viño, primeiro museo do viño de Galicia e un dos primeiros de España.

Nos inicios da festa do albariño ninguén se podía imaxinar a importancia e repercusión que esta ía ter para o crecemento da vila. Foron moitas as cousas que se lograron grazas a ela, e así Cambados foi crecendo coa festa.