O Museo Etnográfico e do Viño é o primeiro de Galicia e un dos primeiros de España destas características. Está situado nun dos puntos con máis historia de Cambados, a carón das ruínas de Santa Mariña Dozo, restos dun templo do s. XV declarado Monumento de Interese Turístico Nacional.

O museo está formado por dous edificios: unha antiga casa reitoral e un edificio de nova construción unidos por unha pasarela de cristal.

O viño albariño é esencial no municipio de Cambados, e así nolo van mostrando as distintas salas do museo.

O discurso expositivo amosa un percorrido pola historia, a arte, a cultura popular, así como todos os aspectos vitivinícolas da denominación de orixe Rías Baixas.

No xardín podemos atopar o conxunto escultórico “Loureiro” de Manolo Paz formado por unhas enormes copas de viño de granito, xunto cun Lagar. Ademais o museo conta cunha  tenda, servizos de información e visitas guiadas concertadas.

 

Horario do museo:

Horario de Inverno ( do 1 de novembro ao 31 de maio): de martes a sábados de 10:00 a 14:00 e de 16:30 a 19:30 // domingos de 10:00 a 14:00
Horario de Verán (do 1 de xuño ao 31 de outubro): de martes a sábados de 10:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00 // domingos de 10:00 a 14:00

 

Prezos:

Entrada Normal:
-De 18 a 64 anos: 3,20€
-Grupos a partir de 20 persoas (20% de desconto): 2,55€

Entrada Reducida:
-De 11 a 17 anos  e maiores de 65 anos: 1,60 €
-Menores de 11 anos: gratis

Address

Our Address:

-

Telephone:

-

Email:

-

Web:

-

Planificar miña ruta

Leave a Review

Prezo
Localización
Persoal
Servizos
Comida
Publishing ...
Your rating has been successfully sent
Please fill out all fields