Esta Alcaldía en data 24/06/2019 asinou o Convenio de Colaboración coa Excma. Deputación Provincial de Pontevedra e este Concello de Concello de Cambados para levar a cabo dentro do termo municipal as actuacións recollidas no proxecto denominado “ILUMINACIÓN EXTERIOR SOSTIBLE I” (FEDER-ELL-2019-000-512), que conta co financiamento do 80% do FEDER a través da convocatoria de axudas a entidades locais para proxectos singulares que favorezan o paso a unha economía baixa en carbono do Instituto para a Diversificación e Aforro da Enerxía, no marco do Programa Operativo FEDER de crecemento sostible 2014-2020.
O financiamento do investimento é o seguinte:
Iluminación exterior sostible I FEDER-EELL 2019-000-512 |
|||
Investimento elexible Cambados |
AXUDA FEDER (80%) |
ACHEGA CONCELLO |
ACHEGA DEPUTACIÓN |
98.403,63 |
78.722,90 |
12.180,73 |
7.500,00 |
As zonas de actuación que abrangue o mencionado proxecto de “ILUMINACIÓN EXTERIOR SOSTIBLE I” (FEDER-EELL-2019-000-512), neste termo municipal de Cambados, son as que figuran no Convenio que se xunta.
O que se fai público en cumprimento do disposto na Cláusula 6ª do mencionado Convenio.
En Cambados, a 9 de xullo de 2019. A Alcaldesa, Dª Fátima Abal Roma.