Tódalas empresas que estean interesadas en tomar parte no procedemento de contratación das obras de “ACTUACIÓNS SOBRE CAMIÑOS MUNICIPAIS: A VEIGA, REFOXOS E SARTAXES”, deberán presentar a súas ofertas no Rexistro Xeral do Concello de Cambados, ata o vindeiro día 22 de marzo de 2018 (xoves),en horario de 8.30 a 14.30 horas, de luns a venres.
No caso de presenta-la documentación por correo certificado con selo de fechas, deberán comunica-lo envío ao fax 986524866 ou ben a través da sede electrónica cambados.sedelectronica.gal
Deberán aporta-la documentación seguinte:
SOBRE A:
De conformidade co establecido no artigo 146.4 do TRLCSP o licitador deberá presentar unha declaración responsable indicando que cumpren coas condicións establecidas legalmente para contratar coa Administración.
SOBRE B:
Conterá a oferta económica e melloras.
ANEXO I
CADRO DE CARACTERÍSTICAS TÉCNICAS.
PRESUPOSTO DAS OBRAS:
Segundo o importe sinalado no proxecto redactada polo Técnico Municipal, ascenden a:
DENOMINACIÓN | Total | 21% IVE | TOTAL CONTRATA |
ACTUACIÓNS SOBRE CAMIÑOS MUNICIPAIS: A VEIGA, REFOXOS E SARTAXES | 42.000,72 | 8.820,15 | 50.820,87 |
FINANCIAMENTO.
O financiamento do presente contrato será o seguinte:
AGADER | Concello
(IVE) |
Total
investimento |
42.000,72 | 8.820,15 | 50.820,87 |
FORMA DE PAGO
A entidade adxudicataria emitirá certificación/factura polo importe dos traballos realizados.
No caso de tratarse dunha entidade obrigada a emitir factura electrónica de conformidade co sinalado no artigo 4 da Lei 25/2013, de 27 de decembro, de impulso da factura electrónica e creación do Rexistro Contable de Facturas no Sector Público, deberá presenta-las facturas electrónicas a través da seguinte dirección de internet:
O código DIR do Concello de Cambados é L01360062.
Os códigos DIR3 de este Concello, de acordo coa súa estrutura organizativa son:
- Código da oficina contable: L01360062 – OC
- Código do órgano xestor: L01360062 – OG
- Código da unidade tramitadora: L01360062 – UT
O pago efectuarase por transferencia bancaria no prazo de 30 días dende a data de aprobación das certificacións de obra, de conformidade co sinalado no artigo 216.4 do TRLCSP.
PRAZOS DOS CONTRATOS.
1 MES dende a sinatura da acta de comprobación do replanteo.
PUBLICIDADE
Os gastos dos carteis de obra serán a cargo da empresa adxudicataria e o modelo a empregar será o establecido pola Excma. Deputación Provincial para o indicado Plan.
CRITERIOS DE ADXUDICACIÓN:
1.- Menor prezo ofertado: ata un máximo de 20 puntos.
2.- Mellora sobre partidas do capítulo 3 do proxecto: ata un máximo de 80 puntos.
En concordancia co disposto no art. 147 do Texto Refundido da Lei de Contratos do Sector Público, recollese no cadro adxunto as melloras susceptibles de valoración para que os licitadores poidan ofertar.
DESGLOSE DE MELLORAS POR CAPITULOS DO PRESUPOSTO.
CAPÍTULO 3.- CAMIÑO SARTAXES. Substitución das partidas 03.03.01; 03.03.02;03.03.03:
PARTIDA | DESCRICIÓN | UNIDADES | PREZO UNITARIO | TOTAL |
03.03.01 | m² Tratamento de adherencia con 1,0 kg/m2 ECR-2 | 2.523,50 m2 | 0,40 €/m2 | 1.009,40 € |
Rega de adherencia con dotación de 1,0 Kg. de ECR-2. | ||||
PARTIDA | DESCRICIÓN | UNIDADES | PREZO UNITARIO | TOTAL |
03.03.02 | m² Dobre rega asfáltica ECR-2 | 2.523,50 m2 | 1,73 €/m2 | 4.365,66 € |
Dobre rega asfáltica, sobre firme existente, baseada nunha primeira rega con dotación de 2 Kg/m2 de ECR-2 saturados con 10 litros de grava miúda 8/12 e dunha segunda rega con dotación de 1,0 Kg. de ECR-2 saturados con 5 litros de grava miúda 5/8, todo debidamente compactado | ||||
PARTIDA | DESCRICIÓN | UNIDADES | PREZO UNITARIO | TOTAL |
03.03.03 | m² Tratamento de selado con 1,5 kg/m2 ECR-2 | 2.523,50 m2 | 0,71 €/m2 | 1.791,69 € |
Rega de selado con dotación de 1,5 Kg. de ECR-2 saturados con 5 litros de area lavada, todo debidamente compactado |
Pola partida :
PARTIDA | DESCRICIÓN | UNIDADES | PREZO UNITARIO | TOTAL |
MBC AC 16 SURF D (D-12) | 2.523,50 m2 | 5,51 €/m2 | 13.904,49 € | |
Firme a base de aglomerado en quente tipo AC 16 SURF D (D-12) de 5 cm de espesor, medido unha vez estendido e compactado, incluso rega de imprimación e rega de adherencia con emulsión tipo ECR-2 |
Importe da mellora (execución material) CAP. 1 : 6.737,74 €
A estes efectos o carácter desproporcionado ou anormal das ofertas, poderá apreciarse de acordo cos parámetros obxectivos establecidos regulamentariamente.
FIANZA
O adxudicatario do contrato deberá presentar unha fianza equivalente ao 5% do prezo de adxudicación excluído o IVE.
En Cambados. a 7 de marzo de 2018. A Alcaldesa, Dª Fátima Abal Roma.