ANUNCIO DE CONCESIÓN DE SUBVENCIÓN.
FONDOS FEADER
Por Decreto da Alcaldía 2023-1330, de data 21/07/2023, ditouse a seguinte:
RESOLUCIÓN DA ALCALDÍA
Comparecendo no aplicativo de subvencións do AGADER, descargouse a Resolución de Modificación de concesión de axuda outorgada ao abeiro da RESOLUCIÓN do 28 de febreiro de 2023 para a concesión das axudas correspondentes ao Plan de mellora de camiños rurais 2023-2024, cofinanciado co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Plan estratéxico da PAC 2023-2027 en Galicia, en réxime de concorrencia non competitiva, asinada en data 17/07/2023, pola Directora Xeral, relativa ao expediente de solicitude de subvención nº PM23-0117, na que se comunica a este Concello de Cambados concesión dunha axuda por importe de 48.863,00 €, para levar a cabo as obras/control de calidade do investimento denominado “MELLORA PAVIMENTACIÓN CAMIÑOS COUTO ABAIXO AGADER 2023-2024”.
Cabe indicar que esta Resolución de modificación de concesión de axuda subsana á ditada en data 20/06/2023, na que se advertía un erro no cadro financeiro que se incorporaba á Resolución de concesión e que afectaba ao importe e porcentaxe da axuda, así como a consecuente distribución de fondos e anualidades e que tiña a súa orixe no importe asignado a este Concello, polo tanto este erro subsanado supón que este Concello debe incrementar o importe da axuda en 368,00 €.
O orzamento presentado, aprobado e desagregado por conceptos é o seguinte:
Proxecto das obras |
Memoria-valorada Control Calidade |
|
Valor estimado |
47.573,00 |
1.290,00 |
21% IVE |
9.990,33 |
270,90 |
Presuposto base de licitación |
57.563,33 |
1.560,90 |
O importe da axuda distribuirase en dúas anualidades do xeito seguinte:
Importe asignado (Plan de Mellora) |
48.863,00 € |
|
Orzamento aceptado |
48.863,00 € |
|
% Axuda |
100% |
|
Importe de axuda |
48.863,00 € |
|
Distribución por fondos |
FEADER (60%) |
29.317,80 € |
MAPA (12%) |
5.863,56 € |
|
XUNTA(28%) |
13.681,64 € |
|
Anualidades |
Anualidade 2023 (34,71%) |
Anualidade 2024 (65,29%) |
16.960,35 € |
31.902,65 |
Polo exposto, en virtude das competencias atribuídas á Alcaldía polo artigo 21.1 s), da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das Bases do Réxime Local
RESOLVE:
1º.- Acepta-la axuda por importe de 48.863,00 €, concedida polo AGADER para levar a cabo as obras/control de calidade do investimento denominado “MELLORA PAVIMENTACIÓN CAMIÑOS COUTO ABAIXO AGADER 2023-2024 PM23-0117”.
Prezo estimado |
21% IVE |
Orzamento base licitación |
|
Obra. |
47.573,00 |
9.990,33 |
57.563,33 |
Control calidade. |
1.290,00 |
270,90 |
1.560,90 |
Total investimento. |
48.863,00 |
10.261,23 |
59.124,23 |
IVE non subvencionable. |
FINANCIAMENTO DO INVESTIMENTO |
Axuda outorgada (1) |
Fondos do Concello (2) |
Total investimento |
MELLORA PAVIMENTACIÓN CAMIÑOS RURAIS COUTO DE ABAIXO – CASTRELO |
48.863,00 |
10.261,23 |
59.124,23 |
(1) Obras + control de calidade |
(2) IVE das: obras + control calidade. |
2º.- O Concello farase cargo do imposto do IVE, ao non ser un gasto subvencionable de conformidade co establecido no artigo 5.2. b) da RESOLUCIÓN do 28 de febreiro de 2023 para a concesión das axudas correspondentes ao Plan de mellora de camiños rurais 2023-2024, cofinanciado co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Plan estratéxico da PAC 2023-2027 en Galicia, en réxime de concorrencia non competitiva.
3.- O prazo límite para executar e xustificar os investimentos correspondentes á anualidade 2023 será o 16 de outubro de 2023. O prazo final de execución e xustificación será o 30 de maio de 2024.
4º.- Do presente acordo darase traslado aos Servizos de Intervención e Contratación aos efectos do seu coñecemento e tramitación dos preceptivos expedientes; e,
5º.- Da presente Resolución darase conta ao AGADER e ao Pleno da Corporación na primeira sesión que celebre e publicitarase na WEB en cumprimento do establecido no artigo 18.8 da mencionada Resolución do 28 de febreiro de 2023.
O que se fai público en cumprimento do disposto polo artigo 8 c) da Lei 19/2013, de 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno e o establecido no artigo 18.8 da mencionada Resolución do 28 de febreiro de 2023.
En Cambados, 24 de xullo de 2023. O Alcalde, D. Samuel Lago Ozón.