A vila de Cambados é coñecida sobre todo por ser a Capital do Viño Albariño, pola súa excelente gastronomía, polo seu incomparable Conxunto Histórico Artístico, pola amabilidade e familiaridade das súas xentes... pero Cambados é moito máis: é tempo de lecer, de traquilidade, de relaxación e de festa.
Aquí podemos ver algunhas das propostas que nos ofrece a fermosa vila:
- Lecer
Rúa o Borrón, 14
Esta antiga fábrica conserveira ten unha pequena parte musealizada onde se recrea a historia da conserva en Cambados e a importancia da conserveira Peña.
Paseo Calzada, S/N
Este servizo lévase a cabo durante os meses de verán, ou o resto do ano con cita previa, por guías oficiais da Xunta de Galicia.
Parque Infantil de Cambados
O concello dispón de diferentes zonas públicas onde os máis pequenos poden gozar das randeeiras, tobogáns, ban-báns…
Cambados
Cambados é un referente da vida nocturna durante todo o ano na comarca do Salnés.
Praza de Fefiñáns
A praza de Fefiñáns convértese en escenario de distintas galas nos meses de verán e de numerosos concertos de música de diferentes estilos.