XVII Xornadas de Exaltación da Vieira

XVII Xornadas de Exaltación da Vieira

O 14 e 15 de xullo celebraranse en Cambados as XVII Xornadas de Exaltación da Vieira organizadas por Porto de Cambados, S.L., coa colaboración da Cofradia de Pescadores San Antonio de Cambados, a Concellería do Mar da Xunta de Galicia e o Concello de Cambados.

Os showcooking que se van  realizar no Paseo da Calzada están tendo unha gran acollida polo publico en xeral, xa que a día de hoxe presentan unha media de 50% de ocupación das 100 prazas dispoñibles por degustación. Os showcooking que están organizados por Porto de Cambados, S.L., e vanse celebrar este sábado ás 13:00 horas con María Varela e ás 20:30 horas con Manuel Garea e Fran Sotelino. O domingo, Diego López realizará un showcooking ás 13:00 horas e un obradoiro de cociña con nenos ás 18:00 horas.

As Inscricións débense realizar no teléfono 679.196.972 ou no correo electrónico info@portodecambados.com. Aínda que a asistencia é gratuíta, a entidade organizadora cobrará 3 euros por persoa que serán doados a Esperanza Salnés e Galicia AME. Tamén haberá visitas guiadas con Guimatur, actuacións musicais e contarase coa exposición de fotografía MAR DE AROUSA, do Galp Ría De Arousa.

Os Food Truck serviran a Vieira de Porto de Cambados dende este Venres

Os pratos que se van servir nos Food Truck instalados na XVII Xornadas de Exaltación da Vieira por parte dos locais de hostalaría de Cambados que participaron nesta iniciativa van ser moi variados e poderanse desfrutar no Paseo da Calzada dende este Venres a partir das 20:30h. Dende un exquisito “Arroz con Vieiras e doce chiles mexicanos”, un prato moi representativo da cociña fusión internacional que practican no restaurante Pandemonium, do que tamén poderán degustarse unhas “Vieiras en Caldeirada”,  prato actualizado da versión do tradicional guiso que os mariñeiros elaboraban nos propios barcos na chegada a porto coas Vieiras de Cambados.

Tamén estarán presentes nesta XVII Xornadas de Exaltación da Vieira, a súa versión máis tradicional, a “Vieira na cuncha”, ao xeito máis clásico da cociña cambadesa, a cargo da Fonte do viño, restaurante que tamén vai servir o prato que nunca pode faltar en calquera festa galega que se prece, a “Empanada de Vieira” neste caso, coa indiscutible protagonista da festa, A Vieira de Porto de Cambados, e nas súas dúas versións de trigo da man da Fonte do Viño e a de millo que vai ser servida polo restaurante A Casa de Miguel, que ademais deste prato tradicional, vai elaborar un “Ceviche de Vieira” un prato típico da gastronomía de moitos países latinoamericanos e que se esta a introducir nas cartas dos mellores restaurantes galegos, pola súa frescura, ademais de ser moi estético, san, delicioso e sorprendente para os comensais.