XVII CONGRESO INTERNACIONAL DE GALICIA E NORTE DE PORTUGAL DE FORMACIÓN PARA O TRABALLO

A Escola Galega de Administración Pública (EGAP) celebrará os días 18, 19 e 20 de novembro en Santiago de Compostela o XVII Congreso Internacional de Galicia e Norte de Portugal de formación para o traballo.

Dito Congreso está organizado pola Universidade de Santiago de Compostela e o Instituto de Emprego e Formación Profesional da Rexión Norte de Portugal, en estreita colaboración coa Xunta de Galicia e os axentes sociais e empresariais.

Esta edición discurrirá en torno “A formación, a orientación e o emprego no recoñecemento, avaliación e certificación de competencias profesionais adquiridas en contextos formais, no formais e informais”

Sendo conscientes do “parón” estival e da recente apertura do curso académico, foi ampliado o prazo de participación para a presentación de propostas (comunicacións, experiencias, pósters), conforme ás seguintes datas:

-Resumo: 9 de outubro

-Aceptación: 14 de outubro

-Texto completo: 25 de outubro

O prazo de matrícula tamén se modificou en canto a datas e perfil de persoas participantes.

Asimesmo, estamos encantados de poder comunicar que aqueles profesores, orientadores e especialistas do Sistema Público de Ensino de Galicia que estean interesados en asistir/participar neste Congreso Internacional, poderán solicitar o recoñecemento como actividade de Formación pola Consellería de Educación (Xunta de Galicia).

Poderá obter máis información consultando a web http://www.usc.es/gefil/ ou ben a través do correo electrónico: congreso.formacion.traballo@gmail.com