XV CONCENTRACIÓN DO ALBARIÑO DE CLÁSICOS 2017: 2 E 3 DE SETEMBRO DE 2017

XV CONCENTRACIÓN DO ALBARIÑO DE CLÁSICOS 2017: 2 E 3 DE SETEMBRO DE 2017

Coñece, descubre, e aventúrate pola comarca do Salnés co teu clásico.

O Club Clásicos Salnés celebrea o seu décimo quinto aniversario, os vindeiros 2 e 3 de setembbro, e con tal motivo realizarán a XV edición da Concentración do Albariño de Clásicos, nun formato ampliado de dous días de duración. O sábado darán a coñecer a “Ruta Padre Sarmiento” e o domingo realizarase a tradicional “Concentración do Albariño de Clásicos”

2 de setembro: ruta Padre Sarmiento (inicio dende Vilanova de Arousa)

Trátase dunha ruta na que coa axuda dun mapa, e indicadores da organización, se realizará a ruta que realizou este padre no medievo, realizando paradas nos sitios máis pintorescos e emblemáticos da comarca do Salnés, ao mesmo tempo que se irá resolvendo un cuestionario. Para coller forzas degustarase un magnífico aperitivo na ruta. Por suposto, haberá premios para os mellores equipos.

Programa:

15:30 h.- Apertura Parque Pechado, en Vilanova de Arousa.

16:30 h.- Entrega de acreditacións e documentación (ata esta hora).

16:45 h.- Saída do primeiro participante para realizar o Camiño do Padre Frai Sarmiento.

18:30 h.- Punto intermedio onde se degustará un aperitivo cun viño Albariño.

20:30 h.- Fin do Camiño en Sanxenxo.

21:30 h.- Cea e aloxamento no Hotel Restaurante Ardora (Sanxenxo), e entrega de Premios.

 

3 de setembro: XV Concentración do Albariño de Clásicos “Visita Adega Paco y Lola”

A clásica concentración do Albariño de Clásicos, chega á súa XV edición, e celébrase visitando unha das adegas de albariño máis importantes da comarca do Salnés, Paco u Lola, situada no concello de Meaño.

Programa:

09:00 h.- Apertura Parque Pechado, Praza  de Fefiñáns

11:00 h.- Peche Parque Pechado.

11:30 h.- Saída en Ruta con Paseo por Cambados, Vilanova de Arousa, Vilagarcia de Arousa.

12:30 h – Chegada a Bodega Paco y Lola, Visita guiada e degustación.

14:30 h – Aperitivo e Comida en Restaurante Forniños (Cambados) Con moito marisco da ría e bo viño Albariño como tódolos anos.

18:30 h – Entrega de Premios e Fin da XV Concentración do Albariño de Clásicos.