Xornadas de portas abertas da Escola de Música e do Conservatorio

Xornadas de portas abertas da Escola de Música e do Conservatorio

Dende hoxe e ata venres, celebramos na Escola Municipal de Música e no Conservatorio Elemental Municipais de Cambados as XORNADAS DE PORTAS ABERTAS 2019:

“Hoxe levo ós meus amigos ás clases da Escola de Música e do Conservatorio”

Durante esta semana o alumnado do centro poderá levar ás súas clases individuais de instrumentos ós compañeiros do colexio, amigos, veciños, familiares, etc que o desexen.

Así mesmo, todas as clases colectivas se adaptarán ós visitantes que veñan esta semana a descubrir o centro por dentro: realizando talleres de achegamento ó linguaxe musical, ensaios de agrupacións participativos e xogos de psicomotricidade e de educación vocal e auditiva para os máis pequenos nas clases de Música e Movemento.

No pasado curso funcionou moi ben esta iniciativa, onde o alumnado visitante ateigou as clases.

Con esta iniciativa, a Dirección do centro pretende realizar un achegamento da Escola de Música e do Conservatorio a todos os educandos de Cambados e comarca, e se a experiencia é gratificante para eles, animalos a que se inscriban para realizar as probas de acceso ó Grao Elemental.

O alumnado que se decante pola Escola de Música para realizar estudos musicais de maneira máis flexible terá que agardar ata o mes de xuño para realizar a súa matriculación.

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.