O paradigma da sustentabilidade.
Retos para o sector do viño e o enoturismo
Xornada técnica, divulgativa e lúdica
Horario: 10 a 14 horas
Lugar: Fundación Manolo Paz
Cristina Cabaleiro (USC)
Jorge Domínguez (UVigo)
Felipe Macías (USC)
Marta Lores (USC)
Gumersindo Feijoo (USC)
Carmen Padín (UVigo)
J.Antonio Souto (USC)
Iván Cristobo (CCGalega
- Clima e pragas exóticas. O reto de acadar un uso sostible de fitosanitarios na viticultura galega
- Miñocas de terra, viñedos saudables e viños naturais
- Depuración de augas residuais de viticultura e de elaboración de viño con humedais reactivos e tecnosolos
- Os superpoderes do bagazo
- Pausa café
- O Enoturismo como aposta de sustentabilidade integral
- A importancia da certificación ambiental nos mercados
- O Atlántico e a calidade do aire en Galicia
- Non só Radón no Salnés: efectos da calidade do aire interior na saúde
- Actividades de educación ambiental e lúdicas para nenas e nenos ata 12 anos, dirixidas por monitores especializados, e merenda.
PROGRAMA CONFERENCIAS
10:00-10:10. Inauguración da xornada pola Directora Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático da Xunta de Galicia e autoridades locais.
10:10-10:35. Clima e pragas exóticas. O reto de acadar un uso sostible de fitosanitarios na viticultura galega.
Cristina Cabaleiro Sobrino. Profesora do Departamento de Produción Vexetal e Proxectos de Enxeñaría. Universidade de Santiago de Compostela.
10:35-11:00. Miñocas de terra, viñedos saudables e viños naturais.
Jorge Domínguez Martín. Catedrático de Zooloxía. Universidade de Vigo.
11:00-11:25. Depuración de augas residuais de viticultura e de elaboración de viño con humedais reactivos e tecnoso-los.
Felipe Macías Vázquez. Catedrático de Edafoloxía e Química Agrícola. Universidade de Santiago de Compostela.
11:25-11:50. Polifenois. Os superpoderes do bagazo.
Marta Lores Aguín. Profesora do Departamento de Química Analítica. Universidade de Santiago de Compostela.
11:50-12:15. Pausa café
12:15-12:40. A importancia da certificación ambiental nos mercados.
Gumersindo Feijoo Costa. Catedrático de Enxeñaría Química. Universidade de Santiago de Compostela.
12:40-13:05. O Enoturismo como aposta de sustentabilidade integral.
Carmen Padín Fabeiro. Profesora do Departamento de Economía Aplicada. Universidade de Vigo.
13:05-13:30. O Atlántico e a calidade do aire en Galicia.
José Antonio Souto González. Profesor do Departamento de Enxeñaría Química. Universidade de Santiago de Compostela.
13:30-13:55. Non só Radón no Salnés: efectos da calidade do aire interior na saúde.
Iván Cristobo Luaces. Investigador e Director Científico de Central Científica Galega.
14:00. Clausura da xornada polas autoridades locais.
PROGRAMA OBRADOIROS
10:00-11:50. Obradoiros/xogos/experimentos.
11:50-12:20. Merenda.
12:20-14:00. Obradoiros/xogos/experimentos.
Actividades:
- Xogos de presentación e cooperativos, de temática ambiental.
- Experimento sobre a circulación do zume nas plantas.
- Confección de portanotas, con mensaxes sobre especies de árbores galegas, importancia dos bosques…
- Estudo das árbores da contorna, importancia dos bosques, boas prácticas ambientais.
- Confección de pegadas en arxila, xogos e xoguetes a partir de materiais reciclados, paxaros voadores de pores-pán e xoias reutilizando papel estucado.
- Xogos e instrumentos con vexetais comúns: chifros de cana e “curuxas” de bugallo.