Xornada de presentación do programa de asesoramento gratuíto entre as empresas turísticas de Cambados para implantar o certificado de calidade SICTED, martes 21 de marzo, ás 10 horas en Exposalnés, a Deputación de Pontevedra aspira a aumentar nun 25 por cento as empresas certificadas este ano dentro do Sistema Integral de Calidade Turística Española en Destino da provincia de Pontevedra-Rías Baixas.
A Deputación vai destinar ao longo de dous anos, cen mil euros para a implantación do certificado de calidade SICTED para o que unha consultora asesore as empresas de xeito individual dos pasos para a súa posta en marcha. Para poder optar á certificación as empresas deben estar englobadas en nalgún dos 32 oficios (32) que identifica o SICTED, que son praias; bares e cafeterías; axencias de viaxe; guías turísticos; seguridade cidadá; comercios; cámpings; adegas; portos deportivos; palacios de congresos; hoteis e apartamentos; turismo industrial; servizos de limpeza; taxis; albergues; convention bureaux; outros servizos; aloxamentos rurais; artesáns; opc´s; atraque de cruceiros e ferries; servizos turísticos de saúde; empresas de transporte turístico; estacións de esquí e montaña; espazos naturais protexidos; oficinas de información turística; museos e centros de interese turístico; empresas de turismo activo; escolas de español para estranxeiros; aluguer de vehículos e embarcacións de recreo; campos de golf e campos de pitch&putt; restaurantes e empresas turísticas de catering.
As empresas terán ate o próximo día 14 de setembro para adherirse ao proxecto. Posteriormente se abrirá un proceso de formación e asesoramento individual a cada empresa para concluír coa avaliación final. Por último, será Turismo Rías Baixas quen valora as propostas que finalmente obteñan a certificación.
Descargar: Requisitos y ventajas SICTED Rias Baixas.pdf