O venres 23 de febreiro, ás 19:00 terá lugar no Edificio Exposalnés a xornada “Igualdade sen Fronteiras”
No seminario participarán a través de proxeccións e videoconferencia mulleres de Arxentina, Reino Unido, Nixeria , Korea e Filipinas
O evento foi presentado no Salón de Actos do Concello pola alcaldesa Cambados, Fátima Abal, e pola coordinadora do acto Mónica Novas.
Esta actividade pretende concienciar á nosa comunidade, non só da lacra da violencia física e psicolóxica que desgraciadamente acontece a diario nos fogares galegos e españois, senón da existencia dunha serie de “prexuicios inconscientes” en materia de Igualdade de xénero, que acontecen en todo o mundo e que todavía hai que erradicar para o ben de todos e do crecemento e evolución sociais.
Dende o seu papel de Rexente de Cambados e tamén como muller traballadora da Administración Pública, a Alcaldesa subliñou a obriga de facer todo o posible nesta materia na que dende o Concello de Cambados se traballa todo o ano, e non só o 8 de Marzo .
Esta labor fíxose mediante a realización de diversas actividades e xornadas para o apoio e a educación en igualdade, como o curso de Defensa Personal que se levou a cabo este ano e que tivo moi boa aceptación entre as cambadesas.
A Alcaldesa destacou a importancia que ten educar dende as pequenas idades pra loitar contra as desigualdades, a gravidade de que cada vez existen máis casos de xóvenes que practican actitudes machistas e micromachistas e que ven estas actitudes como algo normal, en palabras da Rexente : “a situación é o suficientemente grave como para darlle prioridade”.
Por iso dende o ano 2014 no que o investimento en esta materia foi nulo , e no que non existía sequera un Plan de Igualdade , viuse un incremento da implicación por parte do Concello ata este ano 2018, sendo en 2015, 886 euros investidos, en 2016 ó redor de 5100 euros e chegando ós case 9300 do ano 2017, un total de aproximadamente 54 mil euros investidos pola Mancomunidade do Salnés en esta materia, demostrando así con estos datos significativos que o Concello de Cambados está cambiando e que vai loitar cotra a lacra da Violencia de Xénero.
No acto levaranse a cabo diversas proxeccións e videoconferencias de 5 mulleres de Arxentina, Reino Unido , Nixeria, Korea e Filipinas, que nos relatarán as súas experiencias sobre os logros e os impedimentos, as súas vivencias personais , en materia de igualdade e desigualdade de xénero. Aproveitando esta xornada de Igualdade sen Fronteiras farase tamén entrega dos dipomas do curso de “Defensa Personal” e o agasallo dun “bolígrafo táctico” aos seus integrantes.
A cita terá lugar no Edificio de Exposalnés situado no Paseo da Calzada en Cambados o venres próximo 23 de febreiro e a entrada será de balde para todos os que queiran asistir.