A Deputación de Pontevedra, dentro das accións formativas da Escola de Igualdade María Vinyals, organiza unha xornada para visibilizar o traballo das mulleres na viticultura, creando un espazo de encontro no que compartir experiencias e testemuños de mulleres que participan no proceso de investigación, elaboración e comercialización do viño en Galicia.
Con motivo de que este ano Cambados é a Cidade Europea do Viño, a xornada desenvolverase no Auditorio municipal da Xuventude (sesión de mañá) e nas Bodegas Martín Códax (sesión de tarde) o vindeiro 10 de xuño.
As prazas son limitadas; poderá inscribirse ata un máximo de 100 persoas
Ademais de exposicións e unha mesa de experiencias, nesta xornada realizarase unha cata e unha visita ás Bodegas Martín Códax.
Para reservar a túa praza deberás cubrir e enviar o formulario de inscrición que figura neste enlace.
Unha vez recibidos os formularios de inscrición confirmarémosche, á maior brevidade posible, a túa inscrición ou, de ser o caso, a dispoñibilidade de prazas a través do correo electrónico.
Inscrición gratuíta, prazas limitadas
Data límite de inscrición: 6 de xuño de 2017
Persoas destinatarias
Persoas interesadas en compartir experiencias, coñecementos e boas prácticas no sector vitivinícola, preferentemente:
- Mulleres profesionais do sector
- Mulleres emprendedoras do sector
- Mulleres que queiran orientar o seu desenvolvemento persoal e profesional cara a este sector
- Persoal de organizacións públicas e privadas
- Orientadoras e orientadores laborais e profesionais afíns
- Persoas con interese no eido do viño
Para máis información contacta co Servizo de Igualdade a través do correo electrónico igualdade@depo.es ou escolamariavinyals@depo.es ou no teléfono 986 804 100 (ext. 40870)